"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

PORTADA / CAPA_$type=slider$count=8$rm=0$show=home

"rbtribuna") Publicación sin ánimo de lucro. Una apuesta desinteresada en favor de la Sociedad : by Eugénio Eiroa

Feijóo anuncia la ampliación del puente Salvaterra-Monção en la clausura de un foro de la Eurorregión

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso por facer de Galicia un territorio seguro para vir, estar e para des...

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso por facer de Galicia un territorio seguro para vir, estar e para desfrutar, con medidas como o seguro covid, que entrou en vigor esta semana. Unha iniciativa, explicou, sen custo para o viaxeiro e que dá un plus de tranquilidade aos visitantes ante unha posible infección ou estancia por corentena, con cobertura mesmo en caso de repatriación sanitaria internacional.
Así mesmo, e unha vez que toda a poboación galega estea inmunizada, o titular do Goberno galego expresou a posibilidade de que os turistas que nos visiten reciban a vacina a través deste seguro.

Durante a clausura do foro "El turismo en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal", Feijóo incidiu en que a confianza e a seguridade son dous elementos clave para a reactivación do sector. E, nesta liña resaltou o esforzo que leva facendo a Administración autonómica neste eido: ofrecendo un teléfono especial para o viaxeiro, no que se atende aos non residentes ante calquera síntoma sospeitoso de covid; poñendo en marcha un certificado dixital de vacinación, dispoñible a través do teléfono móbil; cun rexistro de viaxeiros para facilitar as tarefas de rastreo de contactos; ou coa realización de test de antíxenos nos aeroportos galegos.
Consciente de que, por riba de todo, a mellor medida de seguridade que se pode ofrecer é a vacinación, o titular da Xunta subliñou que, neste momento, máis do 52% da poboación galega ten polo menos unha dose, e este fin de semana alcanzarase o 30% da poboación completamente inmunizada.

Galicia e a oportunidade do Ano Santo 21-22

Así mesmo, referiuse novamente á oportunidade que supón a celebración do Ano Santo 21-22 para a reactivación do sector. E, con este obxectivo incidiu en que Galicia chega cos deberes feitos: cun Plan Director para preparar os Camiños e cun Plan estratéxico do Xacobeo, que suman en total un investimento de 180 M€.
“Queremos que Galicia e o Xacobeo sexan un espello que visibilice un turismo sustentable, natural e de calidade; que sexan un foco mundial dunha celebración global como é o Ano Santo”, abundou.

Nesta liña, ademais do compromiso expresado polo presidente da República de Portugal, que acudirá a Santiago este ano, Feijóo resaltou o apoio do Executivo autonómico coas rutas portuguesas. cun investimento de dous millóns de euros para a mellora e a sinalización dos itinerarios. Así, entre as actividades programadas con Portugal, para divulgar e aproveitar este Xacobeo 21-22, destacou: unha unidade móbil Xacobeo para difundir este acontecemento en Porto e Braga; a celebración dun Cumio Ibérico en Galicia; a presentación do Xacobeo en Lisboa e Porto; a celebración da I Xornada internacional de Estudos Jacobeus en Coímbra; e o desenvolvemento da asemblea extraordinaria da Federación Europea dos Camiños, no país veciño.

Así mesmo, asegurou que Galicia seguirá traballando para, a través dos fondos Next Generation, seguir estreitando as relacións económicas, culturais e turísticas entre ambos territorios. Ao respecto, salientou iniciativas como a ampliación da ponte Salvaterra-Monçao; a construción dunha ponte peonil e ciclista na eurocidade Tomiño-Vila Nova da Cerveira; e a creación do primeiro parque transfronteirizo de ocio, de case 26 hectáreas, entre Goián e Vilanova da Cerveira.

Logo de recordar que todo o que se faga poderá ter un efecto multiplicador se vén acompañado de infraestruturas como o AVE, Feijóo concluíu afirmando que a Xunta seguirá apoiando ao sector como xa o fixo coa posta en marcha do Bono ou coa inxección de 560 millóns de euros en axudas directas, dos que 416 millóns, corresponden aos tres Plans de rescate.






 

Nombre

Avenida Central,38,Desporto,25,Espaço Global,32,Eurorregião,47,FERROVIA,23,Grande Reportagem,57,Mass-Media,81,Ocio-turismo,28,OPINIÓN,12,PORTADA,89,POSTALES,11,S.C.BRAGA,11,Últimoparte,20,Vidas & Personas,24,
ltr
item
rb tribuna: Feijóo anuncia la ampliación del puente Salvaterra-Monção en la clausura de un foro de la Eurorregión
Feijóo anuncia la ampliación del puente Salvaterra-Monção en la clausura de un foro de la Eurorregión
https://1.bp.blogspot.com/-St-Csv7KLbQ/YLo_h-6WVZI/AAAAAAABB1s/ty2LLq9ObCQOFKqP4JWDU3zlmzlOXsEUQCLcBGAsYHQ/w686-h450/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-06-04%2Ba%2Blas%2B15.20.51.png
https://1.bp.blogspot.com/-St-Csv7KLbQ/YLo_h-6WVZI/AAAAAAABB1s/ty2LLq9ObCQOFKqP4JWDU3zlmzlOXsEUQCLcBGAsYHQ/s72-w686-c-h450/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-06-04%2Ba%2Blas%2B15.20.51.png
rb tribuna
https://www.rbtribuna.com/2021/06/feijoo-anuncia-la-ampliacion-del-puente.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/06/feijoo-anuncia-la-ampliacion-del-puente.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content