$type=slider$snippet=hide$cate=0

Historias con final feliz : la tortuga "Nbego" -recuperada en Galicia- regresó al mar

A tartaruga mariña localizada a finais de abril á altura da localidade coruñesa de Cariño foi liberada agora en xullo no mar tras completar ...

A tartaruga mariña localizada a finais de abril á altura da localidade coruñesa de Cariño foi liberada agora en xullo no mar tras completar a súa recuperación nas instalacións da Xunta de Galicia e da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma). O exemplar, que foi bautizado co nome de Nbego, embarcou esta mañá nunha patrulleira do Servizo de Garda Costas da Consellería do Mar.

Nbego foi localizada o pasado 20 de abril tras quedar atrapada nas redes do barco Nuevo Begoña, con base en Cariño. A rápida actuación do patrón, que en canto advertiu a captura, desenmallou a tartaruga e deu aviso ao Cemma, foi clave para garantir a súa supervivencia.

Tras recibir as primeiras recomendacións dos expertos, a tripulación fixo unha serie de exercicios co animal mentres aínda estaban a bordo e lograron que a tartaruga expulsara a auga que podía ter inspirado.

Xa en terra, o equipo veterinario realizou as pertinentes probas diagnósticas que permitiron verificar que a tartaruga —que no momento do varamento medía 33 centímetros e pesaba 2.200 gramos— non sufrira consecuencias como resultado da súa captura. Desde o seu ingreso na UCI de tartarugas mariñas que o Cemma ten instalada en Nigrán, o estado do animal foi moi bo e de seguida comezou a alimentarse por si mesmo.

Posteriormente, nunha segunda fase, a tartaruga mariña foi trasladada ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar e localizado na Illa de Arousa, no que recibiu os coidados do profesorado e alumnado do centro.

Convenios de colaboración desde 2003

Cómpre subliñar que as instalacións do Cemma nas que Nbego pasou a primeira fase da súa recuperación están preparadas para acoller a diferentes especies de animais mariños que recalan na costa galega en virtude dos sucesivos convenios de colaboración que desde 2003 mantén a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con esta organización.

De feito, cómpre lembrar que o Cemma é a única entidade autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural para xestionar e coordinar a Rede de varamentos de Galicia, xa que os animais tratados soen ser especies protexidas e se requiren as pertinentes autorizacións.

As costas de Galicia supoñen un paso oceánico no camiño das tartarugas mariñas procedentes das áreas de cría do Caribe que se distribúen polo Atlántico ao longo da súa longa vida para retornar co fin de reproducirse nas súas praias de orixe moitos anos despois.

Este ano en particular estase detectando unha gran presenza de tartarugas mariñas nas costas galegas pois son xa seis os exemplares de tartaruga común rexistrados desde o mes de xaneiro, valores próximos á media anual de sete exemplares que se rexistra desde 1990.

De feito, outros dous exemplares da mesma especie que Nbego localizados este ano en Galicia continúan aínda en fase de recuperación e serán liberados proximamente.

Nos últimos 20 anos foron rexistradas nas costas galegas máis de 120 tartarugas mariñas vivas, das cales 10 foron tartarugas de coiro (Dermochelys coriacea), exemplares de ata dous metros de lonxitude e 400 kg de peso que apareceron atrapadas en cabos e aparellos de pesca, procedendo á súa liberación; e o resto foron tartarugas comúns, Caretta caretta, xuvenís de entre 20 e 70 centímetros, varadas maioritariamente nas praias e que, tras ser debidamente tratadas, lograron o seu reingreso ao mar no 74% dos casos.




 

Nombre

ACTUALIDAD,202,AL NORTE DE LA "RAIA",87,AL SUR DE LA "RAIA",46,ARAÚJO MACEIRA,8,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,93,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,146,EUGÉNIO EIROA,52,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,314,FOTO DEL DÍA,2,Grande Reportagem,204,HISTORIAS,28,LA VIDA,14,LAS COSAS DE LA VIDA,300,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,372,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,46,RECOMENDAMOS,13,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,2,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,264,
ltr
item
RBTRIBUNA: Historias con final feliz : la tortuga "Nbego" -recuperada en Galicia- regresó al mar
Historias con final feliz : la tortuga "Nbego" -recuperada en Galicia- regresó al mar
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEimbFoB-B9e_zOdtIVn9FM6p1yDnBfk8bchGk7_-ifvhVO5jdVvb99e5PapZpGG-GmGyFnsBfv7IYIlfGhQgBc2xTUakniGewZTygijGs_b-jKGlJJRcm16_sTSD3NWN_GH441tUTdN-J0/w640-h394/Captura+de+pantalla+2021-07-21+a+las+14.57.47.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEimbFoB-B9e_zOdtIVn9FM6p1yDnBfk8bchGk7_-ifvhVO5jdVvb99e5PapZpGG-GmGyFnsBfv7IYIlfGhQgBc2xTUakniGewZTygijGs_b-jKGlJJRcm16_sTSD3NWN_GH441tUTdN-J0/s72-w640-c-h394/Captura+de+pantalla+2021-07-21+a+las+14.57.47.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/07/historias-con-final-feliz-la-tortuga.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/07/historias-con-final-feliz-la-tortuga.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content