"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

PORTADA / CAPA_$type=slider$count=8$rm=0$show=home

"rbtribuna") Publicación sin ánimo de lucro. Una apuesta desinteresada en favor de la Sociedad : by Eugénio Eiroa

Rigoberta Bandini pon o broche dourado á edición Esencial do Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Fotografías de Olalla Lojo) da terceira e derradeira xornada da edición Esencial do Sinsal SON Estrella Galicia . Rigoberta Bandini pon o br...

Fotografías de Olalla Lojo) da terceira e derradeira xornada da edición Esencial do Sinsal SON Estrella Galicia.

Rigoberta Bandini pon o broche dourado á edición Esencial do Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrada esta fin de semana na Illa de San Simón 

Celebrouse a terceira e última xornada do Festival Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón, en Redondela. No programa deste domingo, 25 de xullo, entre as 15.00 e as 20.30h, a edición Esencial do festival contou coas actuacións ao vivo de Peña, Nico Roig, Tonina e Rigoberta Bandini. O dj Viktor Flores amenizou o fin de festa aos pratos mentres o público agardaba o seu barco para regresar a terra na despedida deste Sinsal Esencial SON Estrella Galicia, que contou con 1.500 espectadores ao longo das súas tres xornadas de celebración.

Ademais dun cartel secreto coa mellor música ao vivo, neste 2021 non faltaron actividades paralelas como un paseo sonoro en catamarán pola ensenada de San Simón, tres xornadas de charlas sobre sustentabilidade e industrias culturais e a proxección dun pequeno avance da nova curta documental Tatuado nos ollos levamos o pouso, da cineasta redondelá Diana Toucedo, sobre o traballo das mulleres e homes do mar da Ría de Vigo, rodada no pasado Festival Sinsal Litoral. É posible consultar o cartel completo de actuacións desta edición Esencial do Sinsal, con artistas como Whales, Queralt Lahoz, ELBA, Tarta Relena ou Siricaia, en: https://festival.sins.al/es/festival/sinsal-esencial-son-estrella-galicia-2021/programa.

Peña foi a banda galega encargada de dar o pistoletazo de saída á xornada do domingo, ás 15.00h, no escenario FEST Galicia Xacobeo 21-22. A súa proposta adentrouse na música contemporánea en galego con sinxeleza e valentía formal, nun corpo de cancións exquisito e harmonicamente desbordante. O seu directo deu paso á terceira e última xornada das Conversas localizar e deslocalizar, na que se abordou a relación da industria coa Axenda 2030 na mesa redonda Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos festivais internacionais, coa participación de representantes de Global Toronto e We Sustainability.

Pola súa banda, polo escenario San Simón SON Estrella Galicia desfilaron, en primeiro lugar, Nico Roig, cun directo ás 16.00h no que o artista de vangarda sorprendeu cunha proposta destinada a sacar do letargo ao pop autóctono barcelonés. Nesta sesión de tarde, ás 17.15h, celebrouse tamén o concierto de Tonina, con estruturas que van do funk, o soul e o jazz ata a música clásica. O seu sentido do ritmo e da melodía e a súa extraordinaria voz e interpretación fixeron da súa actuación no Sinsal Esencial unha experiencia emocionante.  Finalmente, a cantante Rigoberta Bandini foi a encargada de pechar os concertos desta última xornada do festival ás 18.45h, cun directo no que demostrou por que está considerada a cantante do momento. Bandini é unha artista fabulosamente heterodoxa, capaz de facer belas versións e de lanzar temas cargados de humor. Reivindicativa e feminista, sutil, bailonga e descarada, a súa música fixo vibrar ao público do Sinsal SON Estrella Galicia como un soplo de aire fresco, difícil de clasificar.

Cada día, na web do festival (https://festival.sins.al), Sinsal dá a coñecer a información relativa ao cartel da xornada e desvélanse as artistas e bandas participantes. A publicación prodúcese xusto no momento no que o público chega á illa e pode descubrir o programa musical que lle agarda en San Simón.

O festival

Sinsal SON Estrella Galicia celébrase desde o ano 2010 na Illa de San Simón coa intención de achegar unha programación coidada de artistas emerxentes e contemporáneos da escena nacional e internacional á vez que se pon en valor o patrimonio natural e histórico da Illa (un pequeno arquipélago conformado por San Simón e San Antón, declarado Ben de Interese Cultural). Neste tempo, Sinsal acadou recoñecementos nos Premios FEST e nos Iberian Festival Awards tanto pola súa programación como polo desenvolvemento da súa Estratexia de Sustentabilidade. Logo da pandemia por mor da covid-19 e unha edición no litoral, Sinsal regresa á Illa de San Simón e recupera a esencia da proposta: música ao vivo, creación cultural do país e propostas singulares internacionais, contacto coa natureza e un cartel secreto encabezado pola propia illa atlántica.







 


 

Nombre

Avenida Central,38,Desporto,25,Espaço Global,32,Eurorregião,47,FERROVIA,23,Grande Reportagem,57,Mass-Media,81,Ocio-turismo,28,OPINIÓN,12,PORTADA,89,POSTALES,11,S.C.BRAGA,11,Últimoparte,20,Vidas & Personas,24,
ltr
item
rb tribuna: Rigoberta Bandini pon o broche dourado á edición Esencial do Festival Sinsal SON Estrella Galicia
Rigoberta Bandini pon o broche dourado á edición Esencial do Festival Sinsal SON Estrella Galicia
https://1.bp.blogspot.com/-xYV1W0QIqns/YP625twdtlI/AAAAAAABFDU/JPtUTyeyWyQYUqTTJ2bfg3Jg8gmJOsw9wCLcBGAsYHQ/w400-h210/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-07-26%2Ba%2Blas%2B14.18.10.png
https://1.bp.blogspot.com/-xYV1W0QIqns/YP625twdtlI/AAAAAAABFDU/JPtUTyeyWyQYUqTTJ2bfg3Jg8gmJOsw9wCLcBGAsYHQ/s72-w400-c-h210/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-07-26%2Ba%2Blas%2B14.18.10.png
rb tribuna
https://www.rbtribuna.com/2021/07/rigoberta-bandini-pon-o-broche-dourado.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/07/rigoberta-bandini-pon-o-broche-dourado.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content