"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

PORTADA / CAPA_$type=slider$count=8$rm=0$show=home

"rbtribuna") Publicación sin ánimo de lucro. Una apuesta desinteresada en favor de la Sociedad : by Eugénio Eiroa

Festival "SonRías Baixas" ya cuenta con volver a lo grande en 2022

SonRías Baixas celebra a reactivación do sector da música ao vivo coa mirada posta na edición  de gran formato do ano 2022 SonRías Baixas ...

SonRías Baixas celebra a reactivación do sector da música ao vivo coa mirada posta na edición de gran formato do ano 2022

SonRías Baixas adaptou o seu tradicional formato de festival a seis noites de música ao vivo con doce bandas do panorama galego e estatal, á fin de favorecer a reactivación do sector da música ao vivo á vez que se daba cumprimento ao protocolo de prevención da covid-19 coordinado polo Sergas.


O ciclo de concertos vén de publicar esta mañá, nas redes sociais, o aftermovie desta edición de 2021 (dispoñible en https://youtu.be/odaF9_mdcuw), na que se deron cita máis de 6.800 espectadores na península do Morrazo.


O SonRías Baixas bota o pano até o ano que vén, no que regresará no seu habitual gran formato de festival. Jordi Lauren e Berta Domínguez, o equipo que lidera o evento promovido por PlayPlan Cultural, salientaron esta mañá o bo desenvolvemento desta singular edición, “de difícil desenvolvemento pola incerteza do contexto sociosanitario”, na que SonRías se transformou nun ciclo de concertos con seis noites de música ao vivo que achegaron a Bueu, da man de 12 bandas e artistas, as propostas máis divertidas, enérxicas e contundentes do panorama musical galego e estatal.

SonRías Baixas tivo lugar do 3 ao 8 de agosto e contou no seu cartel con Kase.O, La Pegatina, Sés, La M.O.D.A., TéCanela, Tu Otra Bonita, Ciudad Jara, Travis Birds, Iseo & Dodosound, Sabela, SonDaRúa e Muerdo. Cada xornada ofrecéronse dous concertos, coa intención de achegar unha “experiencia festivaleira próxima” no Morrazo. “Vivimos seis noites máxicas, de celebración e alegría, de sermos quen de festexar a volta e reactivación do sector da música ao vivo con seguridade; cumprindo cos protocolos que implementamos de prevención da covid-19 e coa total convicción de que o ano que vén SonRías Baixas será o gran festival que desexamos celebrar desde 2020”, apunta o tandem directivo. 


Neste sentido, tanto Lauren coma Domínguez salientan o bo comportamento do público, “que cumpriu coas indicacións do dispositivo así como do persoal de seguridade”, e a quen agradecen “o seu compromiso por manter vivo o espírito SonRías”. “Foron meses de traballo duro e complicado polo contexto e normativa cambiante, pero o apoio tanto do público como dos artistas, técnicos, veciñanza e das institucións públicas foi fundamental para poder celebrar unha edición difícil para nós pero que nunca esqueceremos”, apuntan. 


SonRías Baixas 2021 contou coa asistencia, ao longo de todo o ciclo -no que se esgotaron todas as entradas para as últimas 3 xornadas-, de 6.812 persoas. O regreso deste evento como ciclo de concertos, coa instalación do Escenario Xacobeo 21-22 e coa implantación dun dispositivo de seguridade e prevención específico da covid-19 (coordinado polo Sergas) no Recinto Multiusos da Estacada, supuxo tamén a reactivación laboral do sector de música ao vivo. Así, Sonrías contou coa participación de máis de 300 persoas traballadoras -entre os departamentos técnicos, artísticos, produción ou limpeza, entre outros-, o que incidiu tamén, positivamente, na contorna do espazo de celebración.

“Estamos moi satisfeitos porque SonRías amosou, un ano máis, que se vive e goza alén do escenario. É tamén un grande apoio e reforzo económico para o propio territorio nesta desescalada e no camiño de regreso á normalidade. O seu impacto económico e social en Bueu nestas semanas segue demostrar, nun momento complicado, o positivo que é para o Morrazo e para as Rías Baixas apostar pola xeración e mantemento de emprego cultural como un sector esencial da economía”, asevera Lauren, quen agradece o apoio da Xunta de Galicia (a través do programa FEST Galicia), da Deputación de Pontevedra (a través de Rías Baixas Fest), de Turismo Rías Baixas e do Concello de Bueu.


Como peche de Sonrías Baixas 2021, desde esta mañá é posible ver nas redes sociais o aftermovie ou video resumo desta última edición. Ademais de revivir algúns dos mellores momentos sobre o escenario deste festival, a peza audiovisual tamén dá conta do dispositivo de prevención da covid-19 que se implementou durante a súa celebración. O vídeo está dispoñible en https://youtu.be/odaF9_mdcuw




 

Nombre

Avenida Central,38,Desporto,25,Espaço Global,32,Eurorregião,47,FERROVIA,23,Grande Reportagem,57,Mass-Media,81,Ocio-turismo,28,OPINIÓN,12,PORTADA,89,POSTALES,11,S.C.BRAGA,11,Últimoparte,20,Vidas & Personas,24,
ltr
item
rb tribuna: Festival "SonRías Baixas" ya cuenta con volver a lo grande en 2022
Festival "SonRías Baixas" ya cuenta con volver a lo grande en 2022
https://1.bp.blogspot.com/-fCC_dkGZEZM/YRz5rDcawgI/AAAAAAABGTI/983n4MbOAg0hf9be0vlBNxlPLoM_BpPkACLcBGAsYHQ/w640-h314/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-08-18%2Ba%2Blas%2B13.12.34.png
https://1.bp.blogspot.com/-fCC_dkGZEZM/YRz5rDcawgI/AAAAAAABGTI/983n4MbOAg0hf9be0vlBNxlPLoM_BpPkACLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h314/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-08-18%2Ba%2Blas%2B13.12.34.png
rb tribuna
https://www.rbtribuna.com/2021/08/festival-sonrias-baixas-ya-cuenta-con.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/08/festival-sonrias-baixas-ya-cuenta-con.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content