"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

PORTADA / CAPA_$type=slider$count=8$rm=0$show=home

"rbtribuna") Publicación sin ánimo de lucro. Una apuesta desinteresada en favor de la Sociedad : by Eugénio Eiroa

"Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio" llega al Pazo de los Marqueses de Mos

O Pazo dos Marqueses de Mos convértese este venres, día 20, en escenario co programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio. Así, a ...

O Pazo dos Marqueses de Mos convértese este venres, día 20, en escenario co programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio. Así, a partir das 20,00 horas representaranse os espectáculos Coreografías dun DeMente, de Fran Sieira Compañía de Danza, Stay, de Can Cun Quinqué, Intempestiva, de Elahood e Nasenda de Elvi Balboa. A iniciativa, posta en marcha este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, busca poñer en valor a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento.

Coreografías dun DeMente é un formato reducido e de rúa do espectáculo DeMente, coas coreografías máis representativas. Nel plásmase a realidade das persoas que sofren un trastorno mental, a evolución dos tratamentos e a necesaria integración na sociedade. O autor e coreógrafo é Francisco Agustín Sieira González, coa dirección artística de Carla Diego Luque.


Na peza bailan Francisco Agustín Sieira González, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Daniel Rodríguez Fernández, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, André Adrio Rodríguez e Patricia Sánchez Seoane. A composición musical é de Cristian Silva Bóveda, mentres que o espazo sonoro o asume Isaac Millán Ledo e o vestiario, Carlos Alonso Alonso.


Circunstancias que fan cómplice

Interpretada e dirixida por Leodan Rodríguez e Isabel Sánchez con música de Fantazio, Stay presenta o momento en que as circunstancias fan cómplice de algo que está acontecendo. Da implicación florece a dúbida de ser partícipe ou non. Esta responsabilidade pesa e será cargada con coidado, pois tamén é fráxil e pode romper.

Con Intempestiva Elahood traslada ao corpo as palabras da escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Xela Arias, dende unha ollada feminina desbordada no movemento e na danza. Julia Laport e Sabela Domínguez  interpretan e asumen a coreografía do espectáculo cuxa dramaturxia é de Gena Baamonde. O espazo sonoro corre a cargo de Bruno Baw e LLXNTO.

Finalmente, Nasenda é o resultado dunha investigación inmersa en espazos do Camiño de Santiago por corpos e relacións cos demais. Parte de premisas ambientais, meteorolóxicas e espaciais para ir conformando un estado meditativo do corpo que, no seu facer, apela á resistencia e á insistencia. Colócase o bailarín no mesmo lugar que calquera peregrino, pero coa danza como lingua. A idea orixinal é de Elvi Balboa, así como a coreografía, na que participaron os intérpretes, Paula Serrano e Joan Aguilà.

Espectáculos en 27 espazos singulares

Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio arrincou o pasado 2 de xullo en Ribadeo e rematará o 29 de agosto en Ponteareas, tras percorrer 27 espazos singulares de toda Galicia. Participan 30 formacións artísticas, das que 23 son galegas e sete proceden doutros puntos de España, de Francia e de Portugal.

O obxectivo é achegarlle ao público unha nova maneira de ver a danza, mediante a mestura desta arte escénica co patrimonio e a paisaxe de diferentes espazos singulares do territorio galego, como praias, cabos, fragas, fervenzas, miradoiros, catedrais, museos, hórreos ou castros.

Deste xeito, Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio permite levar a danza a concellos onde esta disciplina artística non soe formar parte das súas programacións culturais, ao tempo que sirve de promoción turística de lugares singulares. Ademais, búscase fomentar a creación contemporánea de danza e atraer novos públicos, xunto coa creación de sinerxías coas administracións locais e os tecidos asociativos de cada zona.

A iniciativa insírese na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia para o desenvolvemento de diferentes propostas culturais no marco do Xacobeo 21-22.




 

Nombre

Avenida Central,38,Desporto,25,Espaço Global,32,Eurorregião,47,FERROVIA,23,Grande Reportagem,57,Mass-Media,81,Ocio-turismo,28,OPINIÓN,12,PORTADA,89,POSTALES,11,S.C.BRAGA,11,Últimoparte,20,Vidas & Personas,24,
ltr
item
rb tribuna: "Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio" llega al Pazo de los Marqueses de Mos
"Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio" llega al Pazo de los Marqueses de Mos
https://1.bp.blogspot.com/-O1-fRdegvBk/YRz9xMOmMRI/AAAAAAABGTY/EhGpQLOYaWULINx2Prin2Z4zpCTYKh5-wCLcBGAsYHQ/w640-h328/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-08-18%2Ba%2Blas%2B13.31.47.png
https://1.bp.blogspot.com/-O1-fRdegvBk/YRz9xMOmMRI/AAAAAAABGTY/EhGpQLOYaWULINx2Prin2Z4zpCTYKh5-wCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h328/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-08-18%2Ba%2Blas%2B13.31.47.png
rb tribuna
https://www.rbtribuna.com/2021/08/propulsa-danza-paisaxe-patrimonio-llega.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/08/propulsa-danza-paisaxe-patrimonio-llega.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content