Los Populares ven mucho más que castigo del Gobierno Socialista-Comunista a la provincia de Pontevedra

O PP di que Pontevedra non só é unha provincia castigada nos orzamentos de Sánchez, é que ademais o pouco que se inclúe non se executa

  • Din que son un “corta e pega” dos proxectos que xa estaban este ano nos orzamentos, como a Circunvalación de Pontevedra, o nó dos bombeiros, ou os investimentos para Zona Franca na área de Vigo, pero non inclúen un só proxecto estratéxico novo.
  • Apuntan que a media de execución dos orzamentos deste ano na provincia reduciuse a un 16%.
  • “Os veciños pagan máis impostos, teñen máis débeda para devolver, soportan unha inflación desorbitada e o que reciben é indigno, unha traba para o desenvolvemento da provincia”.

Os deputados nacionais e senadores do PP de Pontevedra amosaron esta mañá unha “visión negativa” dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, “uns orzamentos que desprezan á provincia de Pontevedra”, xa que todos os proxectos que se inclúen son un “corta e pega” dos orzamentos deste ano que non se executaron, como a Circunvalación de Pontevedra, o nó dos bombeiros ou investimentos para Zona Franca na área de Vigo, pero non inclúen un só proxecto estratéxico novo. Con respecto a isto, subliñaron que a media de execución do orzamento en Galicia é o 16%, segundo os últimos datos publicados, “unha cantidade ridícula. Non só somos unha comunidade autónoma castigada, senón que tampouco gastan o que reservan nos orzamentos”. 


Foi durante unha rolda de prensa na que Ana Pastor recordou que “os orzamentos teñen que servir para xerar riqueza, emprego, oportunidades e competitividade. E ningún destes requisitos se cumpre nestes orzamentos. Fan un reparto clientelar para favorecer aos seus socios de goberno, mentres a provincia de Pontevedra volve a ser a gran esquecida”. Así, os populares insistiron en que todo o que se ofrece para a provincia son proxectos que xa estaban incluídos no último orzamento do PP, e critican que deixasen á provincia fóra dos 70 mil millóns de euros dos fondos de Resiliencia e Recuperación que proceden da UE e que se destinan para financiar proxectos estratéxicos. “Pontevedra, Vigo, toda a provincia é estratéxica. Xera riqueza en todos os ámbitos e todos os sectores e non recibe fondos que teñen que facer competitiva á provincia”, lamentou Pastor.


SEN NOVIDADES NA PROVINCIA

Na cidade de Pontevedra, Pilar Rojo dixo que “pouco hai que dicir, porque os titulares de hoxe e hai un ano son exactamente os mesmos. Nada novo, seguimos falando dos mesmos proxectos, que ademais xa estaban asignados e orzamentados en 2018 co Partido Popular”. Desde ese momento, engadiu, “non só non foron quen de executar estes proxectos senón que ademais non propuxeron nada novo”. Así, criticaron que para a Circunvalación de Pontevedra, que xa debería estar rematada desde hai dous anos, reservan 23 millóns de euros (a mesma cantidade consignada en 2021 e que non executaron) para o primeiro tramo e desisten do segundo e terceiro; ou do nó dos bombeiros, para o que non fixeron nada en todo o ano; ou a antiga sede de Facenda, para a que reservan 100.000 euros “que con sorte darán para redactar o proxecto”. En definitiva, apuntou, “temos tres anos perdidos nos que non se avanzou nada. Pontevedra segue esperando polas mesmas cousas que estaban proxectadas ese ano”.


Na zona sur da provincia, Javier Guerra lamentou que “estes orzamentos son unha humillación para unha área que precisa un apoio fundamental para a industria”. Con respecto ao Corredoiro Atlántico, dos 10 millóns de euros que estaban contemplados se baixa a pouco máis de 2 millóns, o que significa que se esqueceron deste proxecto fundamental para garantir a competitividade de todo o noroeste de España. E con respecto a Zona Franca, explicou, fixeron unha reprodución do que xa había en 2021 e non se executou. “Nos orzamentos de 2021 non houbo execución dos orzamentos no sur da provincia, e moito nos tememos de que 2022 será en branco tamén”. 


E con respecto ao norte, Juan Constenla tamén criticou que “sempre é a zona esquecida para os gobernos do PSOE, xa que o único que consignan para a Variante da Estrada e Pontecesures son as pedreas da lotería”. Desde o PP anuncian que presentarán alegacións aos orzamentos, acordados cos concellos e colectivos da provincia.


DOUS MODELOS DE XESTIÓN

Pola súa parte, o deputado Javier Bas contrapuxo os dous modelos de xestión para afrontar a recuperación da crise, “o afán recaudatorio de Sánchez para sufragar o seu despilfarro” ou o modelo do PP, “no que Feijóo acaba de anunciar baixada de impostos, apoio ás familias e consolidación dos servizos públicos de calidade”. Ao respecto dos impostos, os populares denunciaron “a obsesión deste Goberno por cargar ás familias”, e Elena Muñoz recordou que os veciños de Pontevedra pagan máis impostos, teñen máis débeda que devolver, soportan unha inflación desorbitada cuns prezos da luz, do diésel e servizos básicos que non para de aumentar, “e o que reciben do Goberno central é indigno para a provincia porque supón un freo ao desenvolvemento da provincia”.

Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica