100.000 euros cuesta patrocinar una etapa de la renacida Volta Ciclista a Galicia
rbtribuna
Coa primeira etapa entre O Porriño e Vigo, e co apoio da Deputación de Pontevedra, a provincia pontevdresa converterase no próximo mes de febreiro de 2022 en anfitrioa da Volta Ciclista a Galicia que, baixo o nome de “Gran Camiño”, devolverá á comunidade galega unha volta ciclista profesional por etapas despois de tantos anos, unha vez que en 2002 a Volta foi relegada á categoría amateur. Esta nova proba por equipos, que será incluída no calendario da Unión Ciclista Internacional amais de que suporá a volta á categoría 2.1, percorrerá as catro provincias galegas, unha por etapa.
Cun percorrido espectacular, a primeira etapa con saída no Porriño e chegada en Vigo suporá que a provincia sexa a anfitrioa da chegada dos equipos a Galicia. A etapa será presentada nos próximos días e contará coa colaboración da Deputación cunha achega de 100.000 euros, partida xa contemplada nos orzamentos aprobados o pasado venres.