Atletismo) Calidade e sorpresas do Campionato de Galicia de Marcha en pista

Calidade e sorpresas do Campionato de Galicia de Marcha en pista

Este pasado fin de semana as pistas do CGTD de Pontevedra daban acollida a unha nova edición correspondente ao Campionato de Galicia de Marcha en pista na que un importante elenco de marchadoras e marchadores galegos dábase cita para disputar un campionato que contou con moita calidade e algunha sorpresa.

Precisamente a primeira das mesmas producíase na final femenina absoluta onde unha formidable Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, lograba o título autonómico cun excelente rexistro de 22:14.66. Antía Chamosa da Gimnástica lograba outro non menos meritorio 22:19.87 que supoñen un novo récord galego Sub23, pero que a obrigan a ceder un título que viña logrando nos últimos anos. O bronce nesta mesma categoría sería para Alba Pérez do Atletismo Negreira con 25:06.50.

Nos homes non houbo sorpresas cumpríndose o guión co triunfo do medallista mundial Carlos Morales do Marineda Atlético cun crono de 21:26.30. Ocuparon postos de podio xunto ao gañador, Ismael Díaz do Atletismo Sada con 22:30.62 e Pablo Sánchez da Atlética Lucense con 22:37.36

No resto de categorías cabe salientar o récord galego Sub14 de Sabela Castelo do Vila de Cangas con 9:33.48 malia ós avisos recibidos que a obrigaron a marchar de maneira conservadora. Por último na categoría master, récord galego F50 de Soledad Pousa do Club Ourense Atletismo con 32:32.06

As campioas e campións galegos desta edición foron:

  • Absoluta. Carmen Escariz (Ourense At.) e Juan Manuel Morales (Marineda A.)
  • Máster35. Carlos Morales (Ourense A.)
  • Máster40. Juan Manuel Morales (Marineda A.)
  • Máster45. Emilia Mesa (Trega) e Manuel Polo (A.Narón)
  • Máster50. Soledad Pousa (Ourense A.) RÉCORD GALEGO
  • Máster55. Rosa Sierra (A.Sada)
  • Sub23. Antía Chamosa (S.Gimnástica) RÉCORD GALEGO
  • Sub20. Alba Nieto (C.A.Negreira) e Roi Surribas (S.Gimnástica)
  • Sub18. Salomé Segade (Millaraio) e Ismael Díaz (A.Sada)
  • Sub16. Oleksandra Kostenko (At. Lucense) e Pablo Sánchez (A. Lucense)
  • Sub14. Sabela Castelo (Vila de Cangas) RÉCORD GALEGO e Manuel Díaz (Marineda A.)
  • Sub12 Sabela Raposo (A.Cuntis) e Tomas Bautista (A. Porriño)
  • Sub10. Carlota Chaos (A. Lucense) e Antón Fernández (A.Lucense)



 

Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica