Atletismo) Esther Pedrosa e Emilia Mesa, liderarán ás galegas no nacional de pista cuberta

Esther Pedrosa e Emilia Mesa, liderarán ás galegas no nacional de pista cuberta en Ourense

Continuamos avanzando cara a esa data importante do noso calendario de probas oficiais que non é outra ca do 26, 27 e 28 de novembro onde poderemos presenciar en Ourense nada menos ca disputa do Campionato de España máster de Pista Cuberta.

A falta de dous días para o remate de inscripcións (xoves as 23:59), continúa o bo ritmo de confirmacións cuxa cifra final estimada calcúlase que poida pasar amplamente dos 1.200 participantes.

Por comunidades, é precisamente Galicia a que ten un maior número de inscritos cun total de 206 participantes, seguida pola Federación madrileña con 179 e da Federación andaluza con 135.

No tocante á participación galega, unha das importantes baixas do campionato será a do atleta máster 80 do Atletismo Narón Pepín Rioseco quen acumula nada menos que un total de dez récords mundiais e un europeo. O multiplusmarquista confirmábanos a súa ausencia por mor dunha leve encordadura de xeonllo que o terá parado ata o vindeiro mes de xaneiro.

Malia elo, a notable calidade do atletismo máster galego estará representado amplamente en Ourense, onde entre outras, contaremos ca asistencia confirmada de Esther Pedrosa quen xa o pasado día 23 de outubro establecía en Antequera un sensacional récord mundial sobre a proba dos 3.000 m. cun crono de 11:11.16. A maiores a de Santiago, está a facer un ano para enmarcar logrando, ata o momento, un total de seis récords de España na distintas modalidades de ruta, aire libre e pista cuberta.

Continuando na categoría femenina, a atleta Emilia Mesa do Ourense Atletismo será outra das participantes importantes nesta edición. A máster ourensá, plusmarquista nacional en pista cuberta das modalidades de peso F60 e F65 estará competindo sobre este mesmo concurso.

Sen abandoar o círculo de lanzamento de peso, outra non menos importante presenza será a da xavelinista F55 e tetra olímpica rumana, afincada dende fai varios lustros en Galicia, Felicia Tilea, quen aportará calidade e talento a este evento.

Xunto a elas, e a falta de confirmación,  tamén poderían estar as e os plusmarquistas nacionais, Domingo Álvarez do Burgas Ourense quen recentemente lograba o récord nacional nos 800 m. ao aire libre cun rexistro de 2:21.44 ; José Miguel López nos 60 valos, Flora Josefa Guzmán nos 200 m ou Soledad Castro sobre os 3.000 m.

Esther Pedrosa


Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica