Bueu reconoce a Manuel Aldao y Manolo Purro su contribución a la historia y etnografía

Continuando co labor de reivindicación da memoria individual e colectiva, o Concello de Bueu celebrou este domingo, 14 de novembro, unha homenaxe a Manuel Aldao e Manolo Purro, dous homes que “son garantes de que a nosa etnografía, o noso pasado e a nosa historia perduren”, tal e como apuntou Félix Juncal, alcalde de Bueu. No acto, que tivo lugar pola tarde no Centro Social do Mar, estreáronse os dous audiovisuais titulados “O Ronsel de Manolo Purro e Manuel Aldao”, un proxecto que saíu adiante coas axudas do Galp Ría de Pontevedra e que pon en valor as traxectorias e experiencias de dous homes que traballaron arreo polo patrimonio local.

Amais dos audiovisuais elaborados pola equipa de Adarme Audiovisual, as persoas asistentes puideron facerse cun pequeno libro no que se recollen os testemuños de Manolo Purro e Manuel Aldao, a súa contribución á historia local, ademais de lembranzas de persoas da súa contorna, como o escritor Salvador Castro ou a poeta Míriam Ferradáns.

Xosé Leal, concelleiro de cultura, presentou o acto que é a continuación da homenaxe que tivera lugar en xullo no marco da Semana da Cultura Mariñeira, e que culmina con estes audiovisuais que gardan a memoria viva da vila de Bueu. Tal e como apuntou o alcalde, “eles foron referentes para outras persoas que seguiron o seu camiño e que reivindican o noso patrimonio, que o salvagardan para a posteridade”, e por iso “envío o meu máis sincero e honesto agradecemento a Purro e Aldao”.

Con este acto, que contou cunha actuación da comparsa Os Mulos e coa presenza de concelleiros e concelleiras da corporación, familiares e amizades dos homenaxeados, o Concello segue apostando pola memoria e a homenaxe ás persoas que axudan a construír o pobo.

Manuel González Ferradás ‘Purro’ está considerado o último carpinteiro de ribeira, que traballou no Estaleiro da Banda do Río ata a súa xubilación, concibindo a creación de moitos barcos nas súas mans. O legado de Purro mídese a través de dúas formas: a primeira é a conservación dunha estrutura, o estaleiro de ribeira; e a outra, a conservación dunha técnica, dun oficio, o coñecemento dunha forma de facer, dun xeito de construír.

Pola súa banda, Manuel Aldao Portas é un pioneiro na investigación etnográfica e cultural de Bueu. Dende o seu traballo na fábrica de Massó, puxo a súa memoria material e inmaterial a disposición da vila bueuesa e da súa historia, que se completa con investigacións arredor do bote polbeiro, os cruceiros, os muíños ou o reparto das augas.




Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica