Eólicas) O Bloque sube con la pancarta del "non" a la Serra da Groba

O BNG oponse o parque eólico na serra da Groba polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico”.

Presenta alegacións para esixir que se denegue a autorización para o proxecto Albariño I neste espazo natural.

O Bloque Nacionalista Galego vén de mostrar este martes a súa oposición o proxecto eólico Albariño I polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico” na serra da Groba. Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.

“É un exemplo máis dese modelo especulativo e depredador do PP, que defende únicamente o lobby eléctrico, que beneficia ás multinacionais pero que prexudica o medio rural e o medio ambiente de Galiza”, advertiu a deputada nacionalista no Parlamento galego, Carmela González. En contraposición, defendeu o modelo do BNG que “é poñer o vento o servizo do país, dos galegas e galegos”.

Unha representación institucional e orgánica do BNG dos concellos do Val Miñor concentrouse no Alto da Groba para demandar a paralización do proxecto. Entre eles, o concelleiro do BNG en Baiona, Iago Pereira, que puxo en valor o “enorme potencial patrimonial, arqueolóxico, paisaxístico e natural” que se vería ameazado por este “agresivo” proxecto eólico. “Vai supoñer unha modificación que afecte as aves de paso, a flora e a fauna, as vías fluviais, así como a funcionalidade do monte, moi importante nestas zonas entre outras pola actividade gandeira”, explicou Pereira.


 


Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica