IFEVI) instan á Xunta a poñer solucións diante das longas esperas para a vacinación

O BNG de Vigo insta á Xunta a poñer solucións inmediatas diante das longas esperas para a vacinación que se repiten no Ifevi
Lamenta que tanto o Goberno galego como o municipal ignoraran as peticións para evitar reincidir nos mesmos erros dos anteriores procesos.
Xabier P. Igrexas: “Están a obrigar a persoas maiores a esperar até unha hora de pé e ao frío porque non houbo ningunha previsión organizativa”.


O Bloque Nacionalista Galego vén de instar este xoves á Xunta a poñer solucións inmediatas diante das longas esperas que se están a repetir no novo proceso de vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). A fronte nacionalista advertiu sen éxito nos pasados días aos Goberno galego e municipal de que debían cooperar para evitar as mesmas incidencias e deficiencias que se padeceron en anteriores convocatorias.

“A Xunta do PP e o Goberno municipal do PSOE non fixeron caso algún a esas peticións e por iso volvemos a asistir a retencións quilométricas no acceso de vehículos ao Ifevi e vemos como se obriga a persoas maiores, que son as convocadas nestes momentos, a ter que facer esperas de até unha hora de pé e ao frío porque non houbo ningunha previsión organizativa”, denunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Por estes motivos, desde o BNG reiteraron as súas demandas “para facer seguro e cómodo o acceso ao recinto de vacinación instalado no Ifevi”. Igrexas criticou que a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixera hai uns días un “posado fotográfico” no Ifevi para verificar as condicións do recinto obviando que “o seu dispositivo obriga a ter que esperar moito tempo á intemperie para acceder”.
Igrexas cualificou como “intolerábel” que se repitan os mesmos erros e asegurou que “non hai ningunha xustificación para que non se rectifiquen os protocolos”. Por estes motivos, o concelleiro nacionalista instou “expresamente á Xunta de Galiza, e directamente a súa delegada en Vigo, a que actúen de maneira inmediata para poñer solucións”.




----
Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica