Peajes autovías) Voz que clama en el desierto... pero Ethel exige al Gobierno central que no machaque a Galicia


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade rexeitou no Parlamento calquera proposta que aumente o agravio comparativo que vén sufrindo Galicia en materia de peaxes ou acentúe a nosa situación xeográfica periférica

ETHEL VÁZQUEZ LAMENTA A FALTA DE TRANSPARENCIA E DIÁLOGO DO GOBERNO NO IMPULSO DO PAGO POR USO DAS AUTOVÍAS, QUE PODE TER CONSECUENCIAS NEFASTAS PARA A COMPETITIVIDADE DE GALICIA

Manifesta a preocupación da Xunta polo xeito en que o Executivo central está a tramitar esta medida que comprometeu ante a UE, polo seu impacto na economía galega e polas dificultades que engade ao labor do transporte de mercadorías

Advirte de que a implantación dun sistema de pago por km de autovía percorrido danaría gravemente aos sectores produtivos galegos, multiplicando, por exemplo, os custos de situar o leite nos mercados europeos

Lembra que os galegos xa pagan pola AP-9 e pola AP-53, que son ademais das máis caras de España e apunta cara aos problema de seguridade viaria que pode xerar derivar tráfico pesado ás vías convencionais


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lamentou hoxe no Parlamento de Galicia a falta de transparencia e diálogo do Goberno de España no impulso do pago por uso das autovías, unha medida que, advertiu, pode ter consecuencias nefastas para a competitividade da nosa Comunidade.

A titular de Infraestruturas da Xunta rexeitou “calquera fórmula que aumente o agravio comparativo que vén sufrindo Galicia” en canto a peaxes na rede de estradas estatal nin ningún sistema que “acentúe a nosa situación xeográfica periférica e contribúa a afastarnos máis” dos grandes centros de produción e de consumo do mercado interior español e do resto de países da Unión Europea.

Ethel Vázquez sinalou que implantar peaxes nas estradas é unha medida de moito calado, polo que considerou inaceptables as maneiras coas que o Goberno de España está a tramitar a súa implantación: “sen transparencia, sen diálogo, sen reflexión e se debate”, apuntou.

A ese respecto, lembrou que o Executivo central se comprometeu xa formalmente ante a Unión Europea a aplicar un sistema de pago polo uso das autovías a cambio de recibir fondos de reconstrución pero non informou previamente desas intencións aos españois nin concretou unha proposta ante as Comunidades autónomas e axentes interesados.

A conselleira manifestou, tamén, a preocupación da Xunta polo impacto que pode ter esta medida na competitividade dos sectores produtivos galegos. Así, advertiu de que un sistema de pago por km percorrido multiplicaría, por exemplo, os custos de situar o leite galego nos mercados europeos.

Advertiu da distinta incidencia que esta medida tería nos distintos territorios, lembrando que, ademais de atoparse a máis distancia de Europa que outras comunidades, os galegos teñen que pagar xa as peaxes da AP-9 e da AP-53, dúas autoestradas de titularidade estatal que teñen as súas peaxes entre as máis altas de España.

Cualificou así de completamente incomprensible que desde o Goberno central se presente o pago por uso de autovías como unha medida de equilibrio territorial, cando o seu efecto para Galicia apunta cara a todo o contrario.

Ethel Vázquez, remarcou que Galicia non se pode permitir perder capacidade empresarial e industrial, e a implantación de taxas nas autovías estatais levaría aparellada máis prexuízos, ao desincentivar o asentamento de novas empresas no territorio, e mesmo poñer en risco o mantemento das existentes ao resultar menos competitivo.

Tal e como dixo, impoñer unha nova taxa para contribuír ao mantemento das autovías é amplificar a carga impositiva aos cidadáns polo mesmo concepto. A este respecto, referiuse á parte dos impostos dos cidadáns destinados xa á construción e mantemento das infraestruturas, así como aos dirixidos a sufragar os denominados peaxes en sombra, e outros impostos indirectos como o que se aplica ao carburante ou aos vehículos en xeral

Tamén expresou a preocupación pola repercusión directa que esta medida ten en moitos outros ámbitos, como é o da seguridade viaria, xa que o pago das autovías podería ter un forte impacto no incremento da sinistralidade ao derivar o tráfico a estradas convencionais.
Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica