Servicios de Emergencias) La tensión entre Diputaciones socialistas y la Xunta llega al enfrentamiento

Una reunión, en tempo pasado, da Comisión de Seguimento dos GES

Las Diputaciones que controlan los socialistas y la Xunta están muy seriamente enfrentados con el telón de fondo de los servicios de emergencias, algo vital para la población.

A XUNTA LAMENTA O REXEITAMENTO DAS DEPUTACIÓNS DE  PONTEVEDRA, A CORUÑA E LUGO Á PROPOSTA PARA MELLORAR A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS  

  • Na reunión de hoxe da Comisión de Seguimento dos GES, as tres deputacións abandonaron o encontro antes da votación da proposta do Goberno galego 
  • A Deputación de Ourense e a FEGAMP votaron a favor das medidas destinadas a reforzar as plantillas e aumentar os custos salariais dos grupos, que só se aplicarán na provincia ourensá
  • Nos subGES con base nos concellos ourensáns de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión completarase o persoal de cada grupo ata acadar os 12 integrantes, o que suporá a contratación de 16 persoas máis
  • Tamén se aumentará o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova e os 12 GES da provincia verán melloradas as súas condicións salariais
  • Nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo non se chegou a ningún acordo  xa que as Deputacións abandonaron a reunión, o que pon en cuestión a continuidade da financiación dos GES actuais e impide a creación do subGES previsto para O Grove
  • O Goberno galego lamenta que a decisión das tres deputacións frea o avance para completar o mapa de emerxencias en toda a comunidade e destaca o compromiso da Xunta para mellorar a atención ás emerxencias en todo o territorio pese a tratarse dunha competencia dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menos poboación

A Xunta lamenta que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo rexeitasen hoxe na reunión da Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) a proposta do Goberno galego para mellorar a prestación dos servizos de emerxencias e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego. Os representantes dos tres organismos provinciais opuxéronse á proposta e abandonaron o encontro antes da súa votación. 


Entre outras medidas, a Xunta apostaba por aumentar o persoal para que tódolos GES teñan 12 efectivos, equiparar o custo dos 4 servizos municipais de emerxencias da comunidade ao resto de GES, actualizar o custo salarial dos grupos e crear un subGES con seis efectivos no Grove. 


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron na reunión da Comisión na que tamén están representadas as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), onde a FEGAMP e a Deputación de Ourense votaron a favor da proposta. 


Polo tanto, as melloras previstas para renovar o convenio de 2018 que vence este ano, e que se viña renovando de forma conxunta desde a posta en marcha dos GES en 2013, terá que facerse de forma individual aplicando as melloras da proposta nos 12 GES da provincia ourensá. Nas outras tres provincias non se chegou a ningún acordo  xa que as Deputacións abandonaron a reunión, o que pon en cuestión a continuidade da financiación dos GES actuais e impide a creación do subGES previsto para O Grove.


O Goberno galego lamenta que o rexeitamento das tres deputacións supón un paso atrás para avanzar en completar e mellorar o mapa das emerxencias de Galicia optimizando a cobertura e os tempos de resposta en toda a comunidade. 


Cómpre lembrar que a atención ás emerxencias é unha competencia de carácter local, que corresponde ao concellos de máis de 20.000 habitantes e ás deputacións provinciais nos municipios de menos poboación. De todas formas, a Xunta mantén o seu compromiso para colaborar no seu funcionamento desde a posta en marcha destes grupos en colaboración coas deputacións provinciais e a Fegamp. O Goberno galego asume máis da metade do custo anual destes grupos e leva investidos máis de 40 millóns de euros no seu mantemento e outros 7 millóns para dotalos do equipamento necesario para levar a cabo as súas intervencións con seguridade.  


Unha das medidas da proposta da Administración autonómica basease en completar todos os GES da comunidade para que conten con 12 efectivos, o que suporía un incremento nas plantillas dos grupos que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6,9 ou 10 membros. No caso de Ourense suporía sumar 2 efectivos no GES de Lobios, 3 no de Muíños, 6 no de Laza, 2 no de Ribadavia e 3 no de Avión, é dicir, 16 novos integrantes que terían un custo total de máis 373.300 euros anuais, dos que a Xunta achegará 175.000 euros, a Deputación de Ourense outros 133.300 euros e os concellos sede os 25.000 euros restantes. 


Esta medida tamén estaba prevista na provincia de Pontevedra para os subGES da Estrada, Lalín e o de Mos/Redondela creado este ano, pero non se poderá materializar debido a que a Deputación de Pontevedra non aceptou asumir o incremento que lle corresponde por esta mellora tendo en conta o 40% que debe aportar do custo anual dos GES no marco do convenio para o desenvolvemento destes grupos. No caso da provincia de Lugo afectaría aos GES de Folgoso e Quiroga pero os concellos optaron por prestar un servizo 24 horas de xeito coordinado. 


Por outra parte, a Xunta aposta por incrementar o custo dos 4 servizos municipais de emerxencias en Galicia -Mancomunidade Terra de Celanova, Ponteareas, Sanxenxo e o creado este ano en Noia- para igualalos aos GES, de xeito que o custo anual de cada un deles pasase de 155.000 a 280.000 euros, cun investimento de 65.625 euros máis cada ano por parte da Xunta. Dos 4 servizos municipais de emerxencias da comunidade, só o da Mancomunidade Terra de Celanova verá igualado o seu custo ao dos GES, ao achegar a Deputación de Ourense e o concello sede 50.000 e 9.375 euros máis cada ano respectivamente. 


En canto á actualización dos custos salariais dos efectivos dos GES co obxectivo de adaptalos ao seu custo real na actualidade respecto ao primeiro convenio asinado en 2013, estimouse un incremento de 40.000 euros por GES, un 16% máis nos gastos de persoal ata acadar os 290.000 euros anuais por grupo. Pese á postura favorable da FEGAMP, só se poderá aplicar o aumento salarial nos 12 grupos de Ourense polo rexeitamento das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra. 


O Goberno galego leva feito nos últimos 12 anos un importante investimento nos servizos de emerxencias da comunidade, pese a tratarse dunha competencia dos concellos e deputacións. Así, a Xunta destinou neste período máis de 60 millóns de euros ao funcionamento, equipamento e formación dos efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos, tanto os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) como as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). 

Artículo Anterior Artículo Siguiente
"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica