El último parte_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Portada_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

A Unión Europea abre a porta a un IVE cero para xornais e revistas

Os ministros de Finanzas da UE aprobaron este martes unha modificación da lexislación sobre o IVE, que permite por primeira vez aos estados ...


Os ministros de Finanzas da UE aprobaron este martes unha modificación da lexislación sobre o IVE, que permite por primeira vez aos estados membros unha taxa cero do IVE para unha serie de necesidades básicas, entre elas as publicacións xornalísticas. A reforma ten que pasar aínda polo Parlamento Europeo, pero este trámite non é vinculante, e espérase que entre en vigor antes de marzo do 2022. A nova lexislación inclúe tamén a retransmisión por Internet dos programas radiofónicos e televisivos entre os servizos que poden aplicar un IVE reducido, de entre o 5 e o 15%.

O ECOFIN, que reúne aos distintos ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea, aprobou este martes unha modificación da directiva europea que regula o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). A nova redacción permite aos estados membros aplicar un IVE inferior ao 5%, que podería chegar mesmo a cero, nunha serie de produtos e servizos considerados como necesidades básicas, entre os que se atopan as publicacións xornalísticas. Ademais, a nova redacción suma á recepción de servizos de radiodifusión e televisión, que xa podían beneficiarse dun IVE reducido entre o 5 e o 15%, a retransmisión por Internet deses mesmos programas por un prestador de servicios de comunicación.

Até agora, a directiva europea sobre o IVE só permitía a aplicación de dous tipos de taxas: a normal, que ten que ser superior ao 15%, e un tipo reducido que en ningún caso podería ser inferior ao 5%, aínda que por razóns históricas algúns estados membros gozaban de derogacións especiais, como o caso de España cunha taxa superreducida do 4%. A partir da aplicación da nova norma, a Unión Europea permite a exención total do IVE nunha serie de produtos e servizos, entre os que se encontran "os relacionados co subministro de produtos alimenticios, auga, medicamentos, produtos farmacéuticos, produtos sanitarios e de hixiene, transporte de persoas e algúns artigos culturais (libros, xornais e revistas)".

A aplicación dunha taxa cero do IVE ás publicacións xornalísticas era unha reivindicación histórica entre os editores de prensa, reclamada aínda con máis forza logo de que a pandemia agudizara a crise dos medios de comunicación. Desde News Media Europe, a asociación que agrupa aos editores europeos, valorouse moi positivamente a decisión. Wout van Wijk, director executivo de News Media Europe asegurou que "ao permitir que se aplique unha taxa cero ás publicacións xornalísticas, os Estados membros recoñecen o papel vital da prensa nas nosas democracias.

A reforma da directiva aínda ten que ser sometida aínda á valoración da Eurocámara para ser adoptada, un trámite non vinculante que se espera que se realice antes de marzo do 2022. Logo de que o texto sexa debatido no Parlamento Europeo, a nova lexislación entrará en vigor 20 días despois da publicación no Diario Oficial da UE, tras o que os distintos Estados membros poderán aplicar o IVE cero ás publicacións xornalísticas se así o deciden.

( CPXG )


 

Nombre

Avenida Central,85,Desporto,78,Espaço Global,96,Eurorregião,135,FERROVIA,59,Grande Reportagem,65,Mass-Media,99,Ocio-turismo,67,OPINIÓN,31,PORTADA,224,POSTALES,22,S.C.BRAGA,9,Últimoparte,57,Vidas,69,
ltr
item
RB TRIBUNA: A Unión Europea abre a porta a un IVE cero para xornais e revistas
A Unión Europea abre a porta a un IVE cero para xornais e revistas
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhCjgCdeNpnNvKvsLIQ6mjYILNZ3nOYeYRzJ_yFviq8qzSnVzIbCu5KilhLKcGLwCiNeoqMX8XGw8vjAJhsk3sU20C-7DRfzd0SdmID7JH1lxZiUdUI9kjbs10vldXZZ22HqZITMXXQVF_JTNHb1D33AlAB4qjpr68HG0fVNQAGiZttM-aemVSCtqG_=w640-h204
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhCjgCdeNpnNvKvsLIQ6mjYILNZ3nOYeYRzJ_yFviq8qzSnVzIbCu5KilhLKcGLwCiNeoqMX8XGw8vjAJhsk3sU20C-7DRfzd0SdmID7JH1lxZiUdUI9kjbs10vldXZZ22HqZITMXXQVF_JTNHb1D33AlAB4qjpr68HG0fVNQAGiZttM-aemVSCtqG_=s72-w640-c-h204
RB TRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/12/a-union-europea-abre-porta-un-ive-cero.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/12/a-union-europea-abre-porta-un-ive-cero.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content