El último parte_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Portada_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Descende o número de xornalistas asasinados mentres aumenta o dos encarcerados

Reporteiros sen Fronteiras publica o seu Balance Anual que recolle 46 xornalistas asasinados, 488 encarcerados, 65 secuestrados e 2 desapare...


Reporteiros sen Fronteiras publica o seu Balance Anual que recolle 46 xornalistas asasinados, 488 encarcerados, 65 secuestrados e 2 desaparecidos ao longo do 2021. O número de comunicadores mortos é o menor en dúas décadas, pero nunca se rexistraran tantos informadores privados de liberdade. Ademais, aumenta a porcentaxe de mulleres tanto asasinadas (o 9% do total), como especialmente encarceradas, que en só catro anos pasaron do 6,6% do total de xornalistas entre reixas ao 12,3%.



Reporteiros sen Fronteiras (RSF) vén de publicar o seu Balance Anual 2021 de xornalistas asasinados, encarcerados, secuestrados e desaparecidos. O número de profesionais asasinados, 46, é o máis baixo dos últimos vinte anos, pero pola contra o de xornalistas encarcerados por realizar o seu traballo, 488, nunca fora tan alto desde que a organización comezou a publicar os seus informes en 1995. A organización considera que o descenso na cifra de mortes "se explica pola baixa intensidade dos conflitos armados, así como pola mobilización de organizacións en defensa da liberdade de prensa para pór en marcha mecanismos nacionais e internacionais de protección", mentres que o aumento dos desaparecidos "é un reflexo do impulso dictatorial no mundo, dunha acumulación de crise e da ausencia de calquera escrúpulo por parte deses reximes".

Dos comunicadores asasinados, 38 eran xornalistas profesionais, mentres que catro non profesionais e outros catro colaboradores dos medios de comunicación. Dous terzos deles, o 65%, foron asasinados intencionadamente polo feito de seren xornalistas. Tras cinco anos subindo, a cifra de xornalistas asasinados en países en paz descende moi levemente, mais tres de cada cinco comunicadores foron asasinados en países que non están oficialmente en guerra, entre eles dous na Unión Europea: Iorgos Karaivaz en Grecia e Peter R. de Vries nos Países Baixos. México e Afganistán continúan a ser os países máis perigosos para o xornalismo, con sete e seis asasinados, respectivamente, seguidos de India e Iemen con catro cada un.

No que fai aos xornalistas en prisión, China manténse por quinto ano consecutivo como o maior cárcere de xornalistas, con 60 profesionais entre reixas, un terzo máis que o ano pasado. Séguena Myanmar (con 53), Vietnam (43), Belarús (32) e Arabia Saudita (31). Aos 488 comunicadores encarcerados (363 profesionais, 103 non profesionais e 22 colaboradores de medios) cómpre sumar tamén os secuestrados, un total de 65 en todo o mundo (dous máis que no 2020) retidos en catro países: Siria (44), Irak (11), Yemen (9) e Malí (1). O Estado Islámico, que retén a 28 xornalistas, é o principal axente secuestrador. Por último, dous informadores foron dados por desaparecidos este ano, os dous no estado mexicano de Sonora: Jorge Molontzin Centlal e Pablo Felipe Romero Chávez.

RSF fai tamén unha leitura de xénero no seu informe, destacando que "con catro asasinadas en 2021, fronte ás dúas do ano anterior, a proporción de mulleres periodistas non era tan abultada desde 2017", representando o 9% do total. Tres colaboradoras de medios afganos (Shahnaz Roufi, Saadia Sadat y Mursal Vahidi) morreron simultaneamente en dous ataques reivindicados polo Estado Islámico, mentres que a cuarta, Rasha Abdallah Alharazy, faleceu pola explosión dunha bomba no seu coche en Adén (Iemen). O relatorio tamén recolle que nunca antes se rexistraran tantas xornalistas mulleres encarceradas: un total de 60, o que representa xa o 12,3% del total de xornalistas en prisión, case o dobre que hai só catro anos (6,6%). Neste sentido, Belarús destaca pola singularidade de ter a máis mujeres presas (17) que homes (15).

Ademais das cifras, RSF fai fincapé nalgún dos casos máis destacados do ano, como a condena máis longa, de 15 anos, a dous xornalistas, Ali Abouhom e Pham Chi Dung, en Arabia Saudita e Vietnam, respectivamente; o enfrontamento de Amadou Vamoulké e Ali Anouzla a procesos longuísimos en Camerún e Marrocos; ou os dous informadores de maior idade, 73 anos, encarcerados en Hong Kong e Irán: Jimmy Lai e Kayvan Samimi Behbahani.

CPXG


 

Nombre

Avenida Central,85,Desporto,78,Espaço Global,96,Eurorregião,135,FERROVIA,59,Grande Reportagem,65,Mass-Media,99,Ocio-turismo,67,OPINIÓN,31,PORTADA,224,POSTALES,22,S.C.BRAGA,9,Últimoparte,57,Vidas,69,
ltr
item
RB TRIBUNA: Descende o número de xornalistas asasinados mentres aumenta o dos encarcerados
Descende o número de xornalistas asasinados mentres aumenta o dos encarcerados
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgfeGAc_Akq6F9vWaVfgxlE3ztryQ1pgRKD9hSQ4UBvkG69d4vHLHuVbsE5c_hziKi7NALyLsNmLr00LUpQsnM4hv0yH5QSRW2JKgwb8Wcns0xm-wMT_CM2FGrIAj6PlOmPs4bkBPQSQo-_0yxkftiCwwfuJ66fN6I0OGu4anr_ERNcOEDd1jevGe09=w676-h379
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgfeGAc_Akq6F9vWaVfgxlE3ztryQ1pgRKD9hSQ4UBvkG69d4vHLHuVbsE5c_hziKi7NALyLsNmLr00LUpQsnM4hv0yH5QSRW2JKgwb8Wcns0xm-wMT_CM2FGrIAj6PlOmPs4bkBPQSQo-_0yxkftiCwwfuJ66fN6I0OGu4anr_ERNcOEDd1jevGe09=s72-w676-c-h379
RB TRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/12/descende-o-numero-de-xornalistas.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/12/descende-o-numero-de-xornalistas.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content