El último parte_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Portada_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Este sábado, en la catedral de Ourense, concierto especial de Budiño

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación do concerto especial despedida da xira Fulgor, ...

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación do concerto especial despedida da xira Fulgor, do músico Budiño, que se realizará mañá na Catedral de Ourense ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeceu a cesión do templo para este concerto e sinalou que o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, ademais de servir para apoiar os artistas e creadores nunha conxuntura tan difícil como a actual, permitiu que a cidadanía “puidese continuar gozando de propostas culturais en galego de calidade como este magnífico concerto que os ourensáns poderán escoitar mañá, probablemente un dos máis significativos do ano”. No acto de presentación tamén interviñeron Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense; Luis Manuel Acuña, delegado diocesano de Arte Sacra de Ourense, e o artista, Xosé Manuel Budiño.

A actuación, que terá lugar mañá na Catedral de Ourense ás 21,00 horas, ponlle o broche final á xira promocional do sétimo traballo de estudo do gaiteiro e cantante de Moaña e promete sorpresas como algúns temas especiais que o grupo preparou para a ocasión. As portas da Catedral abrirán ás 20,40 horas pola entrada situada da Praza do Trigo e o acceso será libre e gratuíto até completar a cabida.

Apoio ao sector cultural

Despois de seis anos de silencio, Xosé Manuel Budiño, un dos máis grandes representantes da escena folk galega, renaceu o pasado 2019 con Fulgor, unha recompilación de 12 temas sobre Galicia en que, por primeira vez nos seus 25 anos de carreira, tras máis dúas décadas interpretando a música a través da gaita e da frauta, o artista canta tamén a letra das súas cancións. Unha reconversión na que Budiño contou coa colaboración de amigos e compañeiros como Xoel López, Vega, Luiz Caracol, Antía Otero, Antonio Casado, Jairo Zavala, coñecido artisticamente como Depedro, e o Cuarteto Quiroga.

A iniciativa é posible grazas ao Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo do Goberno galego, que impulsou un milleiro de proxectos nos últimos meses, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego que a Xunta puxo en marcha ao abeiro do Plan de reactivación do sector cultural para ofrecerlle á cidadanía contidos de ocio en lingua galega ao tempo que se apoiaba economicamente ao sector cultural.


 

Nombre

Avenida Central,85,Desporto,78,Espaço Global,96,Eurorregião,135,FERROVIA,59,Grande Reportagem,65,Mass-Media,99,Ocio-turismo,67,OPINIÓN,31,PORTADA,224,POSTALES,22,S.C.BRAGA,9,Últimoparte,57,Vidas,69,
ltr
item
RB TRIBUNA: Este sábado, en la catedral de Ourense, concierto especial de Budiño
Este sábado, en la catedral de Ourense, concierto especial de Budiño
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEjIe5niebZjvpmeB5eW3irJjgNl6TJYEwdn2wVNKkicio56AdPeNoRQW4ZkS2NBOB8tLllb4q49axKg3lAaOCjbFqWyiIw1FXIu--5iPcnEkkKLdB5IB3bdQ8-SXalapZI4xmKkJV6v5MNaaM7NNxjFEIQo6a6qjpGk3pesghVJqXkMF1VzQzFX3rhK=w678-h388
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEjIe5niebZjvpmeB5eW3irJjgNl6TJYEwdn2wVNKkicio56AdPeNoRQW4ZkS2NBOB8tLllb4q49axKg3lAaOCjbFqWyiIw1FXIu--5iPcnEkkKLdB5IB3bdQ8-SXalapZI4xmKkJV6v5MNaaM7NNxjFEIQo6a6qjpGk3pesghVJqXkMF1VzQzFX3rhK=s72-w678-c-h388
RB TRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/12/este-sabado-en-la-catedral-de-ourense.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/12/este-sabado-en-la-catedral-de-ourense.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content