El último parte_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Portada_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Oia creará novas infraestruturas turísticas eficientes e diversificará a oferta no Camiño de Santiago

O delegado do Goberno visita Oia para coñecer as actuacións do Plan de Sustentabilidade vinculado ao Xacobeo O obxectivo das actuacións, pre...


O delegado do Goberno visita Oia para coñecer as actuacións do Plan de Sustentabilidade vinculado ao Xacobeo

O obxectivo das actuacións, previstas para o período 2022-2024, é crear novas infraestruturas turísticas eficientes e diversificar a oferta do turismo local vinculado ao Camiño de Santiago


O delegado do Goberno de España en Galicia, José Manuel Miñones Conde, visitou o concello de Oia acompañado pola alcaldesa, Cristina Correa Pombal, para coñecer as áreas nas que se intervirá no período 2022-2024 no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino desenvolto pola entidade local para a convocatoria extraordinaria do Plan Nacional Xacobeo 2021-2022, financiado con cargo aos fondos de recuperación europeos Next Generation. O obxectivo destas actuacións, para as que Oia obtivo un financiamento de 1,5 millóns de euros, é crear novas infraestruturas turísticas e diversificar a oferta de turismo local vinculada ao Camiño de Santiago. 


O delegado do Goberno e a alcaldesa de Oia mantiveron unha reunión na Casa do Concello e, posteriormente, visitaron os terreos do antigo cámping de Pedra Rubia en Mougás. A visita estivo centrada nunha das áreas nas que se acometerá unha das principais intervencións contempladas no Plan que contribuirá a que o concello se erixa como destino turístico slow e vinculado á natureza. 


Durante a visita desde xoves, o delegado do Goberno manifestou o compromiso do Executivo coa cohesión territorial e o pulo ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo o Plan de Sustentabilidade Turística do Concello de Oia. “Contribuiremos a tecer un sector turístico máis desestacionalizado, eficiente e resiliente”, asegurou.


Pola súa banda, a rexedora municipal afirmou que este Plan supón “unha oportunidade para Oia, pois vai permitir crear novas infraestruturas turísticas, diversificar a oferta e crear novos produtos para o sector”. Así mesmo, manifestou que o Concello segue a traballar para posicionar o municipio “como destino de turismo slow, de natureza e familiar”. 


Intervencións previstas


Entre as liñas de actuación previstas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino destaca a creación dun cámping con base na sostibilidade e na dixitalización,  dado que a construción contará con sistemas de iluminación eficiente, armarios con sensores e un sistema de rexistro dixital, así como cunha infraestrutura para a separación de residuos propios e con ferramentas para xerar enerxía cinética.


No marco deste proxecto, o goberno municipal tamén contempla a adecuación das rutas do Camiño de Santiago da localidade, a recuperación de terreos degradados, axudas para que as pemes turísticas do concello poidan adaptar as súas instalacións de cara a ser máis eficientes, a creación dunha oficina de turismo dixital e a instalación de paneis inclusivos, con sistemas de braille, para a sinalización do Camiño de Santiago.



Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022


O proxecto do Concello de Oia foi un dos catro beneficiarios – xunto ao Concello de Vilagarcía, a Mancomunidade do Salnés e a Deputación de Pontevedra- na convocatoria para Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos no marco do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022. Este plan ten por obxecto impulsar actuacións de sustentabilidade e incrementar a competitividade dos destinos vinculados ao Camiño de Santiago. 


 

Nombre

Avenida Central,85,Desporto,78,Espaço Global,96,Eurorregião,135,FERROVIA,59,Grande Reportagem,65,Mass-Media,99,Ocio-turismo,67,OPINIÓN,31,PORTADA,224,POSTALES,22,S.C.BRAGA,9,Últimoparte,57,Vidas,69,
ltr
item
RB TRIBUNA: Oia creará novas infraestruturas turísticas eficientes e diversificará a oferta no Camiño de Santiago
Oia creará novas infraestruturas turísticas eficientes e diversificará a oferta no Camiño de Santiago
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEizhr-lqR5Xtcqpep5FsaVzK8uBF4I4KF2CswWBJMYafAFnPYOSM5QrKLgRih3GImN7abO5uEr-eNF6WhZna11luI81lPDg9Kx61NlXbC-ubeFTrZ_OmuUWNvbi2rQIdOslFg92_OCBs_ej334OLFmSxyQlLkRnNdykfV15XzkLiGO2Y9W421J16U8-=w640-h460
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEizhr-lqR5Xtcqpep5FsaVzK8uBF4I4KF2CswWBJMYafAFnPYOSM5QrKLgRih3GImN7abO5uEr-eNF6WhZna11luI81lPDg9Kx61NlXbC-ubeFTrZ_OmuUWNvbi2rQIdOslFg92_OCBs_ej334OLFmSxyQlLkRnNdykfV15XzkLiGO2Y9W421J16U8-=s72-w640-c-h460
RB TRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/12/oia-creara-novas-infraestruturas.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/12/oia-creara-novas-infraestruturas.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content