"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

20 años ya de la muerte del gran escritor Camilo José Cela

A XUNTA CONMEMORA O 20 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE CELA 
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade abriu hoxe a programación cunha ofrenda floral en Padrón, co gallo do cabodano do Premio Nobel.

Salienta a oportunidade para poñer en valor a “ollada única e xenuína” dun galego que “situou con mestría a Galicia no epicentro da literatura universal”.

Haberá catro exposicións, unha delas itinerante, encontros fóra de Galicia, visitas para escolares e outros eventos coa casa-museo de Iria Flavia como referencia.

Programaranse actividades académicas en Cataluña e Madrid, en colaboración coa Universidade de Barcelona e a Biblioteca Nacional de España, así como outras actividades de homenaxe con entidades de distintos puntos de España.

Tamén se vai iniciar o proceso de rehabilitación e musealización da locomotora coñecida como ‘Sarita’, que forma parte do Museo Camilo José Cela