Atletismo) Ribadavia abre a tempada de Campo a Través

Ribadavia abre a tempada

No día de hoxe tivo lugar a presentación do Campionato de Galicia de Campo a Través que contaría ca presenza da Alcaldesa de Ribadavia Noelia Rodríguez, a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos, a do Concellal de Deportes Enrique Rodríguez así como a do Delegado da FGA en Ourense Angel Fidalgo. Durante a presentación destacaríanse, ademáis de aspectos técnicos, a importante tradición do concello en acoller probas autónomicas de campo a través, sumando con esta, un total de cinco edicións (2011, 2016, 2017 e 2018) e cuxa excelente organización resultaría en todas elas, o aspecto máis salientable. Para este ano, novamente o Concello de Ribadavía está a dispor de todos cantos medios están da súa man para facer da gran cita invernal galega un novo éxito organizativo, sendo un dos elementos máis salientables a excelente adecuación do circuito de A Veronza, ubicado nunha expectacular contorna  paisaxística en pleno paseo fluvial xunto ao río Avia.

A cita será o día 9 a partires das 11.40 horas

O primeiro gran campionato do ano

Ca disputa deste Campionato de Galicia de Campo a través, inaugúrase unha nova tempada que continúa marcada polas medidas de seguridade e control. Malia elo, contarase con preto de douscentos atletas participantes entre os que destacada a presenza de Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra, gañador na edición do ano 2018 ou a de Antonio Serrat do Real Club Celta e Alejo Ares do ADAS Proinor, ouro e bronce respectivamente na edición do 2019 en As Pontes. Un dos grandes valores do noso deporte  Medhi El Nabaoui será outra das máximas atraccións e aspirante ao título sobre o trazado de A Veronza.

No resto de participantes seguiremos con especial atención ás evolucións do campión galego Sub20 Jorge González Mariño do Atletismo Narón, a do seu compañeiro de equipo Juan Rejasa de Pablo Monteagudo do C.A.Santiago, Iván Roade do ADAS Proinor e a de  Bilal Dahmouni do R.C.Celta entre outros

Un podio femenino moi disputado

Na categoría absoluta femenina e ante a ausencia da campioa galega, a lucense Marta Casanova, destácase a participación da internacional Esther Navarrete quen fora xa por dúas veces campioa galega nas edicións do 2015 e 2017 así como a de Angela González do Marathon, subcampioa galega no 2020. A vixente campioa Sub23, Laura Santos do Lucus Caixa Rural tamén estará na loita polos postos de honra nesta categoría. De igual modo estaremos moi pendentes das actuacións de Antía Rodríguez do ADAS Proinor, Mariam Ferran do Atletismo Santiago e Paula de la Torre da Gimnástica, entre outras.

Mención especial merece a importante atleta máster Soledad Castro Soliño do Comesaña S.C.  quen de longo é quen máis edicións ten disputadas deste campionato.

En disputa varias prazas para a Selección Galega

Este campionato contará co engadido de ser selectivo para formar parte da Selección Galega que tomará parte no Campionato de España de Campo a través a desenvolverse en Jaén. Por decisión técnica, os catro primeiros clasificados/as de cada categoría, estarán incluidos de forma automática nesa lista que competirá en terras andaluzas o vindeiro día 30 deste mes.