Atletismo) Dobre compromiso para a Selección Galega esta fin de semana


Importante actividade a que terá esta fin de semana a nosa selección galega de atletismo compartindo un dobre escenario de actuación.

Por unha banda o combinado galego Sub16 e Sub20 tomará parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de marcha en ruta que terá lugar o día 30 de xaneiro na localidade onubenses de Lepe e que xuntará a un total de dazanove especialistas ca finalidade de estar na loita polos distintos postos importantes da competición.

A tal efecto acudirá un combinado Sub16 encabezado polos actuáis campións galegos Claudia Sufuentes da Atlética Lucense e por Andrés González do Real Club Celta estando de igual modo a Selección Galega Sub20 abandeirada pola lucense medalla de bronce no nacional do ano pasado Oleksandra Kostenko e por Ismael Díaz do Marineda.

Xunto a eles destaca a participación de Aldara Meilán quen sendo Sub16 lograba na edición do ano 2020 o terceiro posto sobre 5 km. así como a dos finalistas do nacional do 2021 Pablo Sánchez da A.Lucense e Natalia Rivas do A.Valladolid.

Campo a Través

Pola súa banda e sen deixar terras andaluzas, o combinado galego de campo a través tomará parte o domingo en Jaén no Campionato nacional de Seleccións Autonómicas que arrincará ca participación das categorías Sub20 as 10:00 horas e na que tanto Antía Castro do Ourense Atletismo como Carlos López do C.A.Surco serán os primeiros espadas da selección.

Na categoría Sub23 botarase en falta os puntos do campión de España do ano pasado El Medih El Naboaui (toma parte fora de concurso) quen por mor do seu abandono no último campionato galego, cedía a Said Addoun a única praza de extranxeiro permitida pola RFEA a cada unha das seleccións.  Especial atención nesta categoría aos campións galegos Juan Rejas do Narón e María Cedrón do ADAS Proinor quenes terán a responsabilidade de mellorar os postos logrados no ano pasado.

Por último a Selección absoluta pechará este importante campionato donde reaparece con Galicia a internacional Esther Navarrete logo da súa maternidade liderando á unhas galegas na que tanto Laura Santos como Uxía Pérez repiten convocatoria. Moi salientable será a presenza dunha das máis importantes referentes máster galegas da actualidade, María Soledad Castro Soliño, quen volve novamente a unha convocatoria con 55 anos de idade.

Nos homes, a baixa do campión galego Antonio Serrat, minguará ostensiblemente a capacidade do combinado galego quen malia elo terá ao seu mellor home nas mans do subcampión autonómico Esteban Iglesia. Xunto ao lucense, a importante presenza e veterania tanto de Manuel Hurtado como de Alejo Ares constituirá un puntal importante para as aspiracións galegas.