1.200 atletas convertirán A Pobra na capital galega do campo a través
No acto, presidido pola Concelleira de Deportes Genoveva Hermo, polo Presidente da FGA Isidoro Hornillos así como polo presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza José Moure, destacaríase entre outros aspectos, a importancia desta macroxornada que convertirá este domingo ao concello pobrense na capital do campo a través galego.
Campìonato Xunta de Galicia de Menores ¨XXV Memorial Alejandro Lorenzo¨
A xornada arrincará cedo ca celebración do XXV Memorial Alejandro Lorenzo as 10.00 horas, coincidindo ca saída dos máis cativos do noso atletismo, os Sub10. A posteriori e por quendas irán tomando parte o resto das categorías Sub12 e Sub14 ata completar o total de 659 inscritos quenes rematarán esta ¨primeira entrega¨sobre as 12.10 horas.
Orixes
Creado este memorial orixinariamente para lembrar a figura de quen fora carismático adestrador e referente do atletismo ourensá fai xa un cuarto de século, co paso dos anos iriase convertindo na proba máis importante de campo a través federado das citadas categorías pola que pasaron os máis significativos especialistas galegos e galegas dos últimos lustros.
XLIX Campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub18
Practicamente a continuación e logo das categorías base, sobre as 12.20 h. arrincará a primeira das carreiras do Campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub18 na que están inscritos e inscritas un total de 320 atletas.
A categoría Sub16 terá en Amparo Corredoira da Atlética Lucense a súa principal aspirante ao título ao igual que na categoría masculina será o lucense do Lucus Caixa Rural, e actual subcampión galego Teo de Frutos, un dos principias aspirantes a ocupar o primeiro posto.
Nas Sub18 a gran favorita e un dos atractivos do campionato é sen dúbidas Xela Martínez da Atlética Lucense quen ven de pulverizar recentemente o récord de España dos 1.500 en pista cuberta e cuxa superioridade é incuestionable hoxe en día a nivel galego e estatal. Nos homes Ricardo Negrete do Ría Ferrol debuta nesta nova categoría logo de proclamarse o ano pasado campión galego Sub16. Terá que medirse entre outros a Iván Rego do Lucus Caixa Rural quen tamén figura nos pronósticos para o título.
XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster
O último dos campionatos deste intenso domingo corresponderá ao Campionato Xunta de Galicia Máster na que tomarán parte máis de dous centos atletas na procura dos distintos podios autonómicos en xogo. En horario inusualmente de tarde, a primeira carreira dará comezo ás 15.50 h. para rematar ca saída da categoría Máster 45 sobre as 17.50 horas
Como xa ocurrira neste mesmo escenario no ano 2020 (no 2021 non se celebrou) tomarán parte entre outros e outras as gañadoras daquela acasión nas súas respectivas categorías Tina Fernández do C.A.Sar, Mar Barcón de La Mochila del Deporte, Manuel Suárez do Veteranos de Samil así como Xosé Luis Otero do C.A.Santiago.
O atletismo máster galego na procura de bos resultados no Campionato de España.
Un total de 96 atletas galegas e galegos de categoría máster viaxarán esta fin de semana ata o Palau Velòdrom Lluis Puig de Valencia para tomar parte no Campionato de España de pista cuberta da modalidade. A cita desenvolverase durante os días 4, 5 e 6 recollendo a cidade do Turia o testigo da última edición desenvolta fai uns meses en Ourense.
Malia a importante distancia que separan as dúas Comunidades, Galicia é a sexta federación en canto ao número de participantes inscritos e inscritas o que reflexa a importancia e dinamismo deste salientable sector do noso deporte.
Destacada presenza de atletas
Dos que viaxan ata terras do levante, destaca a presenza de varios dos campións de España da última edición disputada en Ourense os cales intentarán revalidar os seus respectivos títulos. Entre eles estarán Miguel Gómez do Real Club Celta na M35 quen tomará parte na proba dos 200 m., Xoán Luis Paz do Marineda nos 60 valos M50, Fernando Míguez do C.A.Sada no Triplo salto M50, Xulio Ventín da Gimnástica en Peso M60, así como a dos marchadores Juan Morales do Marineda na M40 e Manuel Polo do Narón na M45
Na categoría femenina salientamos de igual modo as campioas de España Inés Papín do C.A.Sada nos 1.500 m. na F50, Helena Acuña da Gimnástica no Peso F45 así como a do equipo de relevos dos 4x200 F45 do Club Atletismo Sada
A maiores e ante a ausencia de Pepín Rioseco, a plusmarquista mundial de 3.000 m. Esther Pedrosa na F60 será a abandeirada da expedición galega onde ademáis tomará parte tanto sobre 1.500 m. como sobre os 3.000 m. Outro dos plumarquistas nacionais que estará presente será Domingo Álvarez do Burgas Ourense na M65 a quen veremos intentar repetir o triplete que sobre os 400 m., 800 m. e 1.500 m. xa lograra en Ourense.