Televisión)

Comezan os xogos olímpicos de Pequín entre os ataques de China á liberdade de prensa

A celebración en Pequín dos Xogos Olímpicos de inverno elevou as voces que alertan sobre o gran deterioro que están a sufrir as liberdades de expresión e prensa en China. Nos últimos días, a Federación Internacional de Xornalistas, Reporteiros Sen Fronteiras e o Club de Correspondentes Estranxeiros de China expresaron a súa preocupación sobre esta situación e chamaron ao Comité Olímpico Internacional a garantir os dereitos dos máis de 28.000 xornalistas acreditados para os Xogos.

A celebración en Pequín dos vixésimo cuartos Xogos Olímpicos de Inverno, que comezan este venres 4 de febreiro, está a poñer o foco, alén do estritamente deportivo, na situación das liberdades de prensa e de expresión nese país. Máis de 28.000 xornalistas de todo o mundo están acreditados para o evento e, malia que o goberno chinés prometera avances en materia de dereitos humanos logo de que moitas voces chamaran a boicotar os xogos, as liberdades, lonxe de mellor, víronse aínda máis reducidas nos últimos tempos. No que fai ao xornalismo, varias organizacións expresaron a súa preocupación pola situación.

O secretario xeral da Federación Internacional de Xornalistas, Anthony Bellanger, enviou unha carta ao presidente del Comité Olímpico Internacional (COI), Thomas Bach, na que lle pide que asegure a liberdade de información e garanta os dereitos dos xornalistas durante os xogos. Bellanger asegura que o goberno chinés "planificou severas restricións á liberdade de circulación dos xornalistas que dan lugar a unha censura inevitábel e a unha información limitada", ademais de trasladar que "varios reporteiros internacionais denunciaron intimidación, amenaas, censura e negación de acreditacións por parte do Comité Organizador, mentras que moitos advertiron sobre o alto risco de que os dispositivos dos xornalistas sexan pirateados e rastrexados".

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) aproveitou a proximidade dos xogos para publicar o seu informe O grande salto cara atrás do xornalismo en China, que analiza as herramientas do goberno chinés contra os xornalistas e correspondentes estranxeiros extranjeros, o deterioro da liberdade de prensa en Hong Kong ou a estratexia de Pequín para controlar o acceso a la información alén das súas fronteiras, ademais de incluír recomendacións para xornalistas e medios de comunicación. Desde RSF lembran que "China segue a ser o maior cárcere do mundo para os xornalistas", con polo menos 127 informadores retidos e que "o sistema de intimidación aos correspondentes, baseado na vixilancia e a chantaxe cos visados" levou a 18 xornalistas a abandonar o país desde 2020.

O Club de Correspondentes Estranxeiros de China, que agrupa aos xornalistas foráneos no país, tamén publicou este luns un relatorio, titulado Confinados ou expulsados: Cubrir China, no que aseguran que "a liberdade de prensa se está a deteriorar a unha gran velocidade" e que os profesionais da comunicación estranxeiros están a enfrontar "unha cantidade de obstáculos sen precedentes". A partir dunha enquisa aos correspondentes, preséntanse datos que revelan que o 99% dos reporteiros estranxeiros afirman que as condicións nas que traballan "non están á altura dos estándares internacionais" e o 62% asegura "teren sido obstruídos por policías ou outros funcionarios". Unha situación que segundo o club, "contrasta directamente co espíritu olímpico de excelencia, amizade e respecto".

CPXG