A maxia da paisaxe da costa das meigas. A paz da praia mariñeira. Cen portos e mil veleiros para navegar sobre o horizonte interminable. Este é o litoral dos dous mares e das quince baías bonitas: o Atlántico, que deposita suavemente o seu azul sobre os azuis da praia. O Cantábrico, escultor da rocha mariña que crece no medio da area. E as rías: as Baixas, as Altas e as da Mariña, fermosas e diferentes. Conflúen no medio desta perspectiva espléndida, belos portos aos que chegan mariñeiros da vella liñaxe galega cos máis saborosos froitos destas augas. Así que, gocemos dos manxares do mar, non vos privedes; e ao mesmo tempo contemplade esa luz máxica que loita co sol, nos solpores de ondas de lume, mentres se prepara para a festa que persegue a alborada… a hora na que esperta a Galicia tradicional, onde a xente non sabe moi ben onde comeza a fe e en qué lugar se oculta o pecado. Porque aquí temos horas meigas e horas para curar o meigallo…