"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

22% menos) Ence Pontevedra reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro en 2021

A biofábrica de Ence Pontevedra reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro nun 22 por cento en 2021

• As melloras operativas no proceso e a substitución de combustibles fósiles por renovables propician o avance continuo destas instalacións en materia ambiental.

A  biofábrica de Ence en Pontevedra reduciu un 22 por cento as súas emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do consumo de combustibles fósiles de alcance 1 – no ano 2021. Este fito forma parte do compromiso da compañía coa acción polo clima, mediante o cal Ence quere contribuír á mitigación do cambio climático no conxunto da súa actividade.

Nesta liña de traballo da compañía, o desenvolvemento de melloras operativas e a substitución de combustibles fósiles por combustibles renovables contribuíron á consecución deste resultado na planta de Pontevedra.

En concreto, na  biofábrica de Pontevedra desenvolvéronse plans de redución baseados na mellora continua de todas as fases do proceso, que propiciaron un menor uso de fuel grazas ás melloras operativas, así como a eliminación completa do uso de coque no proceso produtivo da celulosa.

Desta maneira, Ence cada día está máis preto de alcanzar o obxectivo proposto, de maneira voluntaria, de reducir nun 25 por cento as emisións específicas de alcances 1 e 2 do segmento de celulosa para o ano 2025 respecto o ano base 2018.

De maneira complementaria á redución das súas emisións, Ence contribúe a  descarbonizar o modelo enerxético mediante a xeración de enerxía renovable con biomasa, no marco do seu compromiso coa acción co clima. Unha contribución á que tamén se suma o papel da compañía, ofrecendo solucións na xestión de residuos agroforestais para a súa valorización enerxética, evitando emisións difusas e reducindo o risco de incendios, unha das principais ameazas para os sumidoiros de carbono en España.

Traballando nesta liña, Ence contribúe ao ODS 7 (Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna), aumentando a proporción de enerxía renovable no  mix eléctrico e reducindo as emisións derivadas da produción de enerxía, así como ao  ODS 13 (Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos), fortalecendo a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima tanto na propia compañía como na súa cadea de subministración, especialmente entre os propietarios forestais.