$type=slider$snippet=hide$cate=0

Ali Pakdel: "En Afganistán, como informador, facer o teu traballo correctamente é moi perigoso"

O xornalista afgán Mohammad Ali Pakdel, refuxiado en Galicia, mantivo esta mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o encontro ...




O xornalista afgán Mohammad Ali Pakdel, refuxiado en Galicia, mantivo esta mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o encontro "Informar en Afganistán: A ameaza dos talibáns" coas futuras xeracións de xornalistas de Galicia. Ali Pakdel achegoulles a realidade dun país que leva en guerra "practicamente corenta anos" e no que o xornalismo continúa a ser unha profesión de risco. O comunicador animou ao estudantado a "comunicar o que está a acontecer no mundo e non só o que os medios queren mostrar".

A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acolleu este luns a xornada "Informar en Afganistán: A ameaza dos talibáns", un encontro aberto organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con Mohammad Ali Pakdel, xornalista afgán que sufriu nese país as consecuencias de loitar contra a corrupción e terrorismo e que desde o verán pasado reside en Ourense como refuxiado grazas a un programa de Reporteiros Sen Fronteiras. O acto contou coa presenza de Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Xosé Ramon Pousa Estevez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e coa colaboración de Felipe Outeiriño na tradución.

Xosé Ramón Pousa agradeceu a presenza de Mohammad Ali Pakdel na Facultade para achegar aos futuros xornalistas a realidade do xornalismo e da situación social en Afganistán, un país que "foi protagonista de todas as guerras de Asia no século XX e XXI". González Sarria quixo salientar o labor de Ali Pakdel en Galicia, desde onde, como refuxiado, segue a ter alma de xornalista e tenta ser un altofalante dos que quedaron no seu país", ademais de lembrarnos constantemente "que existen máis guerras no mundo". O decano do CPXG fixo tamén un repaso dos seis meses que o xornalista afgán leva en Ourense, destacando o seu idealismo, "do que un xornalista nunca debe desprenderse", e o feito positivo de que "cada día vai sendo máis doado arrancarlle un sorriso".

Ali Pakdel quixo comezar a súa exposición lembrando "unha pequena historia, a historia da miña familia", que é "só un exemplo máis da vida alí en Afganistán", un país que leva en guerra "practicamente corenta anos" pola súa situación xeopolítica, rodeado de grandes potencias que só actuaron no país "polo seu propio beneficio". O seu avó foi asasinado polos terroristas durante a invasión soviética e o seu pai tivo que refuxiarse en Irán, onde naceu el. A partir de 2002, coa entrada das tropas norteamericanas no país, como moitos refuxiados, regresou, confiando en que a situación podería mellorar, mais non houbo mudanzas e logo da invasión de Irak, o mundo comezou a esquecer Afganistán, unha situación favorábel para a volta dos talibáns ao poder. "Agora, seguimos igual e eu volvo ser un refuxiado como foi meu pai antes de nacer eu", afirmou, e a situación en Afganistán é "realmente mala, especialmente para as mulleres e os medios, e non se está a falar diso".

No que fai ao xornalismo, salientou que existen dous tipos de comunicadores en Afganistán, os que simplemente trasladan as declaracións do goberno e outros poderes e os que queren informar sobre a corrupción e o terrorismo. "Como informador, facer correctamente o teu traballo é moi perigoso", asegurou, e quixo destacar os exemplos de Baktash Siawash, asasinado cunha bomba no seu coche cando ía traballar, ou a explosión que sofreu a súa propia oficina na axencia AvaPress, na que morreron varios dos seus compañeiros. Coa chegada dos talibáns ao poder, a liberdade de prensa no país sofre unha situación aínda peor: "Máis do 75% das oficinas de prensa en Afganistán están pechadas".

Para cambiar a situación do seu país, Ali Pakdel confesou que confía máis na capacidade dos medios que nos poderes políticos. Neste sentido, quixo facer un chamamento aos futuros xornalistas que estaban a escoitalo: "Todos podemos facer algo por mellorar o mundo, debedes comunicar o que está a acontecer no mundo e non só o que os medios queren mostrar". Así, animou aos estudantes a "desde a etapa universitaria, organizarvos e crear medios propios e plurais" que non estean ao servizo dos grandes intereses, pero sen esquecer a seguridade, porque "se tedes que informar nunha situación hostil, parte do traballo é tamén coidarvos a vós mesmos".

Mohammad Ali Pakdel

Mohammad Ali Pakdel é un xornalista de 24 anos procedente da provincia de Bamyan, ao oeste da capital. Malia á súa mocidade, ten unha ampla experiencia como xornalista desde que en 2015 comezou a traballar na axencia de noticias afgá Ava Press en Kabul, onde tamén exerceu un ano de director interno. O seu traballo, como o de boa parte das novas xeracións de xornalistas afgáns, estivo centrado na loita contra a corrupción e o terrorismo no seu país. Por causa diso, a axencia de noticias para a que traballaba sufriu no 2017 un atentado suicida, no que morreron ducias dos seus compañeiros. Cando o verán pasado os talibáns tomaron o poder, abandonou pola súa seguridade Afganistán xunto co resto da súa familia, logo de pasar cinco días no aeroporto nos que estivo axudando a sacar xente do país. Como un dos militares españois lle dixo no aeroporto de Kabul, agora ten que contar a todo o mundo as cousas que viu.

Pakdel encóntrase refuxiado en Galicia grazas a un programa de Reporteiros Sen Fronteiras, que recibiu máis de 800 solicitudes de auxililo de xornalistas afgáns e presionou ao goberno para sacar do país, xunto coas súas familias, aqueles profesionais que se encontraban nunha situación máis vulnerábel. Non foi posíbel evacuar a moitos outros, pero Reporteiros Sen Fronteiras mantén o contacto con eles, facendo un seguimiento específico de cada caso, e realizando xestións para refuxialos en lugares seguros. No que fai a aqueles profesionais xa acollidos, Reporteiros Sen Fronteiras encárgase de contactar con otras organizacións para facilitar a súa recepción, ofrecerlles un fogar e outorgarlles axuda psicolóxica, así como facilitarlles a aprendizaxe do idioma e un futuro formativo para que continuen coa súa vida laboral o antes posíbel.

 

Nombre

ACTUALIDAD,122,AHORA,72,CONTRAPORTADA,39,CUADERNO A,34,CUADERNO B,103,CUADERNO C,17,CUADERNO D,12,Desde Galicia para el Mundo,14,Desporto,159,EL ÚLTIMO PARTE,27,FERROVIA,130,Grande Reportagem,114,OPINIÓN,100,PORTADA,132,RECUERDA,24,TOMA DEL FRASCO,10,Últimoparte,105,X.RODRIGUEZ,122,
ltr
item
RBTRIBUNA: Ali Pakdel: "En Afganistán, como informador, facer o teu traballo correctamente é moi perigoso"
Ali Pakdel: "En Afganistán, como informador, facer o teu traballo correctamente é moi perigoso"
https://www.xornalistas.gal/web/uploads/novas_imaxes/imaxe/bea/622f37d064-whatsapp-image-2022-03-14-at-12.18.26_web.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/03/ali-pakdel-en-afganistan-como.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/03/ali-pakdel-en-afganistan-como.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content