Atletismo) La Cantera gallega sigue dando sus frutos...
O autonómico Sub16 deixou rexistros interesantes
Expourense viviu esta fin de semana o desenvolvemento do Campionato Xunta de Galicia Sub16 no que se pudieron presenciar excelentes resultados.
O máis interesante estivo na proba dos 600 m. na que o atleta do Riazor Coruña Daniel Salgueiro lograba estabrecer un novo récord galego con 1:24.53 que o sitúan de segundo no ranking nacional. A prata foi para Hugo Couñago da A.D.Car quen remataba cuns tamén salientables 1:26.81. Na categoría femenina Celia Castro do A.A. Mazí colgábase os ouros tanto nos 60 m. con 7.96, como nos 600 m. con 1:37.62 logrando en ambos casos notorios rexistros.
Seguindo cas probas de medio fodo e fondo, compre destacar tanto os rexistros de Amparo Corredoira nos 1.000 m. con 2:59.33 como de Asheber Díaz da Agrupación Viguesa con 2:42.60. Xa nos 3.000 m. o protagonismo correspondeu para o lucense do Lucus Teo de Frutos quen remataba a proba co campionato de Galicia e cun tempo oficial 9:15.48.
Sobre os valos, bo rexistro para Leo Rodríguez do Samertolameu que remataba en 8.91 sendo o protagonismo nos saltos para o campión galego Enrique Polo do C.A.Sada en pértega con 3.20 m. polos 12.08 m. no concurso de triplo para o barbanzán Enzo López. Antón Cillero do Riazor Coruña pola súa banda, facíase cos títulos autonómicos tanto dos 60 m. como dos 300 m.
Xa por último no Campionato Xunta de Galicia Sub16 de probas combinadas os títulos desta edición foron parar a Celia Fernández do Riazor Coruña con 3.142 puntos e a Nicolás Quiñones da S. Gimnástica con 3.113 p.
Catro medallas e bos resultados no nacional Sub18
Catro medallas, e catro postos de finalistas foi o balance xeral da actuación dos galegos e galegas que acudiron esta fin de semana a Valencia para tomar parte no Campionato de España de pista Cuberta Sub18.
O máximo foco de atención desta importante cita estivo posto unha vez máis na participación de Xela Martínez que non desaproveitou a oportunidade para postularse como unha das máis importantes e serias promesas do noso deporte. A lucense gañaba na final cun rexistro de 4:26.76 que representan a mellor marca dos campionatos…simplemente descomunal
Carlota Salgado en combinadas, e malia ¨tropezo¨ nunha das súas probas fortes como é a altura, recompúxose para lograr MMP tanto na lonxitude como nos 800 m. que a fixeron merecedora -deixando excelentes sensacións- do subcampionato nacional cunha MMP de 3.504
Precisamente sobre o concurso de altura Emma Sihuang Pérez refrendaba esa terceira mellor marca das participantes logo de saltar ata os 1.71 m. que facían que novamente- e como xa fixera o ano pasado- lograra unha extraordinara medalla de bronce en todo un campionato nacional.
A última das medallas correspondía a velocista Ainhoa Repáraz quen nun destacado campionato lograba a súa segunda mellor marca persoal en pista cuberta nas semifinais dos 200 m. con 24.85 para xa na final, rematar en 24.89 que lle daban o bronce sobre o sintético levantino.
De igual modo resultaron tamén salientables os postos de finalistas logrados por Sergio Quintas do C.D. Las Purísima nos 1.500 con 4:03.01; Xoel Otero do A.A. Mazí en triplo con 13.85 m. e Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 m. con 58.14.
Mención aparte ten o sétimo lugar da plusmarquista galega do Celta Lisa Vosberg quen non tivo o seu día no concurso de pértega no que saltaba ata 3.32 m. sobre un listón no que recentemente voaba ata os 3.60 m.