$type=slider$snippet=hide$cate=0

A Unesco publica o relatorio 'O xornalismo é un ben común'

Independientemente de leer lo que dice la UNESCO, bien harán si echan un vistazo, pulsando aquí, a este informe elaborado en la portuguesa ...

Independientemente de leer lo que dice la UNESCO, bien harán si echan un vistazo, pulsando aquí, a este informe elaborado en la portuguesa Universidade da Beira Interior


A Unesco publica o relatorio 'O xornalismo é un ben común'


A Unesco difundiu "O xornalismo é un ben común", o seu informe sobre as tendencias en liberdade de expresión e desenvolvemento dos medios, correspondente aos anos 2021 e 2022, no que se retrata un xornalismo que sae "debilitado" da situación de pandemia. A seguranza dos xornalistas, as liberdades de prensa e de información e a viabilidade económica dos medios son os tres retos principais para asegurar o futuro do xornalismo para a organización internacional.


A Unesco vén de publicar o seu novo informe sobre tendencias en liberdade de expresión e desenvolvemento dos medios, correspondente aos anos 2021 e 2022. O relatorio títulase nesta ocasión O xornalismo é un ben común e retrata un ano marcado pola pandemia da Covid-19 no que se albiscan tres grandes retos: a seguranza dos xornalistas, as liberdades de prensa e de información e a viabilidade económica dos medios. As conclusións do documento encóntranse na liña da Declaración de Windhoek+30, asinada o ano pasado, que reafirma os compromisos da declaración feita nesa mesma cidade en 1991, en favor da liberdade, a independencia e o pluralismo da prensa, ao tempo que os adapta ao contexto actual.

O informe recoñece que, durante a crise sanitaria, aumentaron ios procesos de desinformación a grande escala e foron publicados moitos contidos con información inexacta, pouco fiábel ou enganosa, mentres "as medidas adoptadas pola pandemia da Covid-19 xustificaron violacións importantes da liberdade de prensa" en todo o mundo. A isto cómpre sumar o declive da viabilidade financeira, xa precaria, dos medios de comunicación, o que dá como resultado un xornalismo que sae "debilitado" da situación de pandemiia.

A Unesco alerta de como os ingresos publicitarios se desprazaron dos medios de comunicación ás empresas de Internet, con Google e Meta copando aproximadamente a metade de todo o gasto global en publicidade dixital. Mentres os usuarios dos medios sociais case se duplicaron entre 2016 e 2021, os ingresos publicitarios globais dos xornais reducíronse á metade no mesmo período. A consecuencia, a tirada mundial dos xornais reduciuse un 13% do 2019 ao 2020, o que debuxa un panorama mediático cada vez máis preocupado polas informacións de inmediatez e pouco fidedignas que garanten 'clicks', e menos fornecedor de noticias locais. A menor seguridade laboral e remuneración que denuncian moitos comunicadores repercute tamén nun deterioro da información.

O relatorio recolle tamén que nos os últimos cinco anos, até un 85% da poboación mundial experimentou unha reducen das liberdades de prensa e información. Até 57 leis en 44 países distintos supoñen unha ameaza contra estas liberdades por conter unha linguaxe demasiado imprecisa ou castigos desproporcionados, e duplicáronse desde o 2016 as solicitudes gobernamentais de eliminación de contidos nas principais plataformas de Internet. A consecuencia é unha caída da confianza nos medios e un aumento das posibilidades de desinformación. Como dato positivo, apúntase que 132 estados membros tomaron medidas para garantir o acceso á información e que, ao tempo que a desinformación gaña terreo, aumentan tamén as iniciativas de verificación de datos.

No que respecta á seguranza dos comunicadores, indícase que o número de asasinatos de xornalistas se reduciu lixeiramente nos últimos cinco anos (con 400 mortos desde 2016). Porén, o número de informadores encarcerados non parou de medrar, acadando os 274 no 2020, a maior cifra anual nas últimas tres décadas. Ademais, a impunidade segue a ser a norma nos asasinatos de comunicadores: só o 13% dos casos rexistrados pola Unesco desde 2006, se consideran resoltos xudicialmente. Por outra banda, a organización internacional mostra a súa preocupación porque, malia a que a pandemia recoñeceu aos xornalistas como traballadores esenciais, a crise sanitaria aumentou os niveis de acoso, estrés e experiencias traumáticas aos que están expostos, ademais do risco acrecentado de contraer o virus.

Fronte a esta situación, a Unesco salienta as iniciativas internacionais tomadas en defensa da liberdade de prensa, como a creación do Fondo Mundial para a Defensa dos Medios, a sinatura do Plano de Acción das Nacións Unidas sobre a Seguranza dos Xornalistas e a Cuestión da Impunidade, o Foro sobre Información e Democracia ou o recentemente formado Fondo Internacional para Medios de Interese Público. Porén advírtese que "este tipo de solucións seguen a afrontar un importante obstáculo: a existencia de deficiencias de datos importantes". Por iso, fan un chamamento a que os gobernos, a sociedade civil e as empresas adopten medidas urxentes en defensa do xornalismo, así como a fomentar a alfabetización mediática e informacional e a transparencia da Internet.

CPXG


 

Nombre

ACTUALIDAD,122,AHORA,72,CONTRAPORTADA,39,CUADERNO A,34,CUADERNO B,103,CUADERNO C,17,CUADERNO D,12,Desde Galicia para el Mundo,14,Desporto,159,EL ÚLTIMO PARTE,27,FERROVIA,130,Grande Reportagem,114,OPINIÓN,100,PORTADA,132,RECUERDA,24,TOMA DEL FRASCO,10,Últimoparte,105,X.RODRIGUEZ,122,
ltr
item
RBTRIBUNA: A Unesco publica o relatorio 'O xornalismo é un ben común'
A Unesco publica o relatorio 'O xornalismo é un ben común'
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhe7aDFMXHCje0ASB7_EKBMuevKO_tUFT8sw6kWDEOWF299hp6-1OODuthmjVbDGpM9WXaLi9n3hIE-ZaA2lLQUlXSPgKY3hZx00Xp3sotjF6_87LsnK-RB4a1w__iE3p_MOBPSTDV6s22Wf4d7jx1I8RXqSH01hEvfJOO4LzEM8HP6xhba4dAEV-Pv/s16000/Captura%20de%20pantalla%202022-04-08%20a%20las%2022.17.55.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhe7aDFMXHCje0ASB7_EKBMuevKO_tUFT8sw6kWDEOWF299hp6-1OODuthmjVbDGpM9WXaLi9n3hIE-ZaA2lLQUlXSPgKY3hZx00Xp3sotjF6_87LsnK-RB4a1w__iE3p_MOBPSTDV6s22Wf4d7jx1I8RXqSH01hEvfJOO4LzEM8HP6xhba4dAEV-Pv/s72-c/Captura%20de%20pantalla%202022-04-08%20a%20las%2022.17.55.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/04/a-unesco-publica-o-relatorio-o.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/04/a-unesco-publica-o-relatorio-o.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content