Denuncian o estado de abandono na Ruta dos Muíños de Samieira (Poio)

 

Estado de abandono na Ruta dos Muíños de Samieira (Poio). Denuncian o estado dun dos recursos turísticos e naturais máis concorridos polos veciños e por todos os turistas que visiten nesta Semana Santa: “É unha cuestión de seguridade e de imaxe”. A concelleira do PP Rocío Cochón solicitou en Comisión de Urbanismo o arranxo urxente de varios elementos en mal estado na famosa Ruta dos Muíños de Samieira, destacando notables roturas na propia pasarela de madeira que poden provocar accidentes ou caídas.
Cochón lamentou o estado dun dos roteiros turísticos e naturais do Concello de Poio, do máis concorrido por veciños e visitantes, mesmo agora ao comezo da Semana Santa, e pediu que se faga unha revisión do estado e un mantemento deste e outros recursos turísticos do municipio.