RBTRIBUNA
  • DESTAQUES
  • _CONTRAPORTADA
  • ACTUALIDAD
  • _AHORA
  • _LO +IMPORTANTE
  • CAJÓN DE SASTRE
  • _GRANDE REPORTAGEM
  • APUNTES SONOROS
  • MOMENTOS
  • _EL ÚLTIMO PARTE
MOMENTOS

Cinco rutas de senderismo para descubrir Arbo...

La trayectoria como periodista de Eugenio Eiroa Franco y su pasión por Portugal

ACTUALIDAD

Gloria y miseria del "tren camello" que une directamente Vigo y Porto e indirectamente Vigo con Braga y Lisboa

Desporto

Material deportivo) "Lacatoni" comienza a introducirse en Galicia

Grande Reportagem

Mediodía invernal con las inigualables vistas desde el monte de Santa Trega

CAJÓN DE SASTRE

Cuando acaba por emocionar la grandeza de los clubs humildes : el C. D. Arenteiro

AHORA

Adelina, la meiga que conquistó Cataluña

Grande Reportagem

"As Salinas do Ulló", un espacio de gran valor ecológico, en el fondo de la ría de Vigo

AHORA

Cónclave promovido por la CEP : los empresarios se comprometen con la sostenibilidad

APUNTES SONOROS

El trazado del AVE gallego dejará -en su día- de tener una chapucera vía única de 32 kms...

Inicio OPINIÓN

Érika Reija: "A pesar dos desencantos, sigo a pensar que esta é a profesión máis fermosa do mundo"

rbtribuna

 

Érika Reija: "A pesar dos desencantos, sigo a pensar que esta é a profesión máis fermosa do mundo"

Érika Reija, xornalista da Televisión Española, recibiu no Centro Torrente Ballester de Ferrol o XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. A comunicadora luguesa manifestou o seu desexo de regresar "a unha Rusia máis libre" e dedicou o galardón aos xornalistas independentes dese país e aos informadores mortos, "especialmente na guerra de Ucraína".

Os actos de entrega a Érika Reija do XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, tiveron lugar esta mañá en Ferrol. A xornalista luguesa recibiu o galardón deste ano logo de ter que abandonar a correspondencia de Moscova da Televisión Española tras a aprobación dunha lei que criminaliza o traballo xornalístico.

 

O programa de actos iniciouse ás 11:00 no Centro Torrente Ballester coa recepción da premiada por parte do alcalde e corporación municipal e a sinatura no libro de honra da cidade. Posteriormente, Érika Reija participou nun coloquio aberto coa xornalista ferrolá Patricia Hermida, no que se trataron temas como a situación do xornalismo en Rusia, a cobertura informativa da guerra de Ucraína ou os teitos de cristal da profesión. Reija relatou como foi o proceso que a levou a abandonar Moscova e expresou o seu desexo de regresar "a unha Rusia máis libre", ademais de reivindicar a necesidade da igualdade na profesión e de que os medios "aposten por un tipo de cobertura que dea o tempo e os recursos para informar ben".  A xornalista quixo recordou tamén o asasinato de José Couso, "que me confirmou que quería facer ese tipo de información" e tivo unhas palabras para Pablo González, pedindo que se aclare a súa situación e que se poida poñer en contacto coa súa familia. Por último, asegurou que "a pesar dos desencantos, sigo a pensar, como Kapuściński, que esta é a profesión máis fermosa do mundo".

 

Ás 13:00 deu comezo a cerimonia de entrega do premio, presentada por Patricia Hermida. Nela, Lorena Bustabad deu leitura ao manifesto "A profesión ou a vida", escrito por ela xunto a Patricia Hermida e Marta Corral, en nome da organización, e que denuncia que "á desigualdade histórica de ser muller" se engaden outras eivas para as profesionais dado que "o xornalismo ten os seus propios machismos". Unha situación sobre a que se impón a forma máis dolorosa de censura, a autocensura, de xeito que "nós, que poñemos voz a tantos colectivos, calamos sobre a nosa propia precariedade". A continuación, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz Sixto, e o decano do CPXG, Francisco X. González Sarria, entregaron o XVIII Premio José Couso a Érika Reija, que manifestou sentirise privilexiada polo galardón e quixo dedicarllo á prensa rusa independente e a todos os informadores mortos, "especialmente na guerra de Ucraína", así como á súa familia. Pechou o acto o alcalde, Ángel Mato, quen agradeceu á organización o compromiso con Ferrol e destacou a importancia de ter uns medios de información independentes.

 

A celebración rematou coa tradicional ofrenda floral na estatua ‘Ás Ceibes’ de Manuel Patinha, situada no Cantón de Molíns, onde Reija leu o texto "Na guerra da desinformación, fagamos que gañe a verdade", redactado por ela mesma con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa, no que fai un chamamento a volver ás orixes do xornalismo, primando "a calidade sobre a cantidade, as crónicas ben documentadas sobre os textos rápidos ou as conexións ininterrompidas que engaden máis ruído ou ideoloxía que unha información rigorosa, veraz e de valor". 

 

A premiada

 

Érika Reija López, nada en Lugo, é licenciada en Xornalismo por la Universidad Complutense de Madrid e en Ciencias Políticas por la Universidade Nacional de Educación a Distancia. Especializada no mundo árabe, en 2004 entra a traballar en Televisión Española, como xornalista do equipo da Sección Internacional dos Telediarios. Foi enviada especial a diversos destinos, desde onde informó sobre a revolución da praza Tahrir en 2011 en Exipto, a caída de Gadafi en Libia ou o conflito entre Israel e Palestina pola Faixa de Gaza. Cubriu tamén o rescate dos mineiros chilenos de 2010 na mina San José.

 

No ano 2015 é nomeada correspondente de Televisión Española en Rabat e durante dous años cubre a información de Marrocos para a canle pública. En 2017 é enviada a Moscova para ocupar a correspondencia da capital rusa, desde onde se cubre para a televisión pública a información sobre Europa Oriental. A zona non era descoñecida para ella, que xa en 2014 fora enviada especial durante a anexión rusa de Crimea. Desde Moscova cubriu acontecimentos como a pandemia da covid-19, os recortes de liberdades, o efecto do cambio climático no permafrost siberiano ou a invasión de Ucraína.

 

O 5 de marzo deste año, abandonaba Rusia tras a aprobación dunha nova lei que prevé sancións de até 15 años de cadea pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas. Radiotelevisión Española sumábase así a numerosos medios internacionais que decidiran saír del país como medida de protección para os seus xornalistas ante a posíbel criminalización do seu traballo. 

 

Reija foi galardoada co premio Entre Mulleres, outorgado polo Concello de Lugo, e co Premio Internacional de Xornalsmo á Mellor correspondende española 2018, polo Club Internacional de Prensa e a Asociación de Corresponsales de Prensa Extranjera.

 

Érika Reija súmase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017), Julia Otero (2018), Defende A Galega (2019), Lorenzo Milá (2020) e Manuel Rico (2021) foron ata agora os galardoados coa estatuiña das ‘Ás Ceibes’ do escultor Manuel Patinha.

 

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

OPINIÓN
  • Facebook
  • Twitter

Entradas que pueden interesarte

RBTRIBUNA
Vigo
Braga
meteoblue
meteoblue
RBTRIBUNA
RBTRIBUNA
"Os factos são sagrados, as opiniões são livres" - "Não há caminho para a verdade, a verdade é o caminho" (M. Gandhi)

+LEÍDO DESDE SIEMPRE

La merienda de negros del tren en Galicia, el señor Feijóo, "la competencia"...y "el camello" Vigo-Porto

El "Corte Inglés" portugués... ¡ahí es nada!

La próxima "Cumbre Ibérica" la van a celebrar en un "tren Camello" que en realidad es lo que les va...

RBTRIBUNA
RBTRIBUNA
RBTRIBUNA

Lembrar Valença do Minho (25/07/01)

__________________

RBTRIBUNA

Las Portadas de los Periódicos
RBTRIBUNA
NOTA BENE - rbtribuna es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. 
Aviso Legal y Política 
de Privacidad de RBTRIBUNA
Correos electrónicos : riasbaixas.tribuna@gmail.com - eiroafranco@outlook.es
Más sobre RBTRIBUNA : pulsar aquí
__________

RBTRIBUNA by Eugénio EIROA
Para ver imágenes a mayor tamaño: click sobre ellas)
RBTRIBUNA & TRIBUNA 
da TAUROMAQUIA) 
All Rights Reserved by Eugenio 
Eiroa Franco © 2023

RBTRIBUNA


A RBTRIBUNA é um caderno de informação, análise, divulgação e crítica que visa a promoção e defesa da eurorregião Galiza-Norte de Portugal e intensificação e melhora das relações entre Espanha e Portugal.

Editores honoríficos : Eugenio Eiroa Hermo (q.e.p.d.). y María Luisa Franco García (q.e.p.d.). Con Eugénio Eiroa Franco, como director de la RBTRIBUNA, integran este equipo Araújo Maceira, Xerardo Rodríguez, Jaime Martínez Amante, Manuel Peralta Godinho e Cunha, Alfredo Costas Villar, Vicente Barrera y Vítor Escudero. Todos los citados realizan sus aportaciones a este site de modo absolutamente desinteresado, no percibiendo un solo céntimo por sus colaboraciones.