Frente común de alcaldes gallegos y portugueses contra la línea de alta tensión Fontefría-Portugal
FRONTE COMÚN DOS ALCALDES ESPAÑOIS E PORTUGUESES POLA LAT 400 kV FONTEFRÍA-FRONTEIRA PORTUGUESA.
- Os responsables municipais de Arbo, As Neves, Melgaço e Monção reuníronse este martes no Concello de Arbo para fixar a postura, que continúa sendo unánime e contraria ao proxecto da Linea de Alta Tensión 400KV Fontefría-Fronteira Portuguesa. Os rexedores manifestan que este proxecto afecta os veciños e veciñas de todos estes concellos e confían en que o Goberno de España e o Goberno de Portugal sexan sensibles as demandas da veciñanza.
- O Goberno de España mantén a Liña de Alta Tensión de 400 kV, que pasa desde Fontefría a Portugal polo primeiro trazado estudado, segundo a declaración de Impacto Ambiental publicada o pasado 26 de abril no Boletín Oficial do Estado. O goberno de España non atendeu nin ás alegacións nin ás protestas da veciñanza nin as dos gobernos locais das vilas afectadas.
O BOE do martes 26 de abril de 2022, publicaba a resolución de 8 de abril de 2022, da Dirección General de Calidade y Evaluación ambiental do Goberno de España, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal”, polo que polos gobernos dos concellos afectados comezaron as xestións necesarias para facer unha fronte común ao proxecto da Linea de Alta Tensión.
Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, As Neves, Xose Manuel Rodríguez, os presidentes da Cámara de Melgaço, Manoel Batista e o Presidente da Cámara de Monção, António Barbosa, reuníronse este martes no Concello de Arbo para fixar a postura, que continúa sendo unánime e en contra do devandito proxecto.
Con esta reunión os rexedores queren escenificar ante o Goberno de España e o Goberno de Portugal o sentir da poboación dos catro concellos e mostrar o seu rexeitamento unánime a este proxecto que afecta gravemente aos intereses veciñais.
O alcalde de Arbo, informou os presentes que a asociación de afectados pola linea de alta tensión, ten convocada unha concentración-manifestación en contra da Linea de Alta tensión este domingo día 29 de maio en Valiñas-Poste (Barcela-Sela) ás 18:00 horas e concretouse que acudiran representantes do goberno de Arbo, As Neves, Melgaço e Monção.
Os alcaldes dos catro concellos, apelan a que os veciños e veciñas, acudan a esta concentración e así facer unha fronte común desde Arbo, na defensa dos intereses e dereitos da veciñanza, asemesmo acordaron reunirse co resto de concellos que conforman a AECT Río Miño para reforzar esta fronte común.