Atletismo) Importantes bazas galegas no Campionato de España Absoluto

 Importantes bazas galegas no Campionato de España Absoluto

A cita máis importante do atletismo nacional de aire libre volve novamente esta fin de semana. Durante tres días a localidade malagueña de Nerja dará acollida a preto de setecentos participantes no Campionato de España Absoluto de Aire Libre e dos cales corenta serán da nosa comunidade (25 mulleres e 15 homes)

Toimil e Ben, liderarán a irmandiña

Nesta edición viaxan varios das nosas e nosos representantes con serias opcións de podio no que se botará en falta sen lugar a dúbidas a ausencia por maternidade da medallista olímpica Ana Peleteiro. Malia elo serán os tamén olímpicos Belén Toimil no concurso de peso e Adrián Ben nos 800 m. quenes recollan o testigo e lideren a representación galega que intentará estar preto das cinco medallas e dazonave postos de finalistas logrados o ano pasado.

Máis presenza destacada

No resto de modalidades, novamente o sector de lanzamentos será do máis importante en Nerja para os intereses galegos xa que na proba de xavelina nada memos que catro lanzadoras estarán no top seis das participantes por rexistros. A cubana, afincada na Coruña Yulenmis Aguilar parte como clara fovorita ao estar con diferencia en posesión da mellor marca das participantes . Xunto ela importante presenza de Carmen Sánchez, Lidia Parada e Paula Piñón as cales estarán na loita polos postos de podio.

No martelo Nacho Fernández que ven de facer récord de España máster recentemente na M40, acode tamén co obxectivo de entrar en postos de finalista desta modalidade na que estará acompañado polo céltico Yago Araujo e por Carlos Revuelta da Gimnástica quen compartira círculo de lanzamento ca súa pupila, a internacional Irene Gómez Costas.

Nas carreiras contaremos sobre os 200 m. ca presenza da bimedallista paralímpica de Tokio e plusmarquista galega Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural. Sen abandonar a categoría feminina, importante presenza sobre os 5.000 m. de Carmela Cardama, quen logo de rematar o seu ¨tour europeo¨ de preparación, fará valer a terceira mellor marca para estar na loita directa polo podio. Xunto á viguesa, especial atención á participación das internacionais Ester Navarrete e Joselym Brea

Nerja será unha nova oportunidade de ver en acción a Alba Cuns no foso de triplo para refrendar o seu gran nivel que a fixeron ser finalista, tanto na edición do ano pasado, como no absoluto indoor de Ourense.

Na lonxitude o venezolano asentado en Narón desde fai varios anos e con ficha galega Gerson Vidal, estará na loita polas prazas de finalista cas vistas postas nos Xogos Panamericanos. Neste mesmo sector a campioa de España do ano pasado, a valdeorresa Leticia Gil malia un ano irregular sairá moi motivada na procura dun posto importante ao que tamén aspira outra das retornadas do curso académico USA, Olaia Guisela Becerril.

Nas combinadas, atención a Adolfo Sainz Maza do Celta o cal lograba superar recentemente a barreira dos sete mil puntos en Arona así como a campioa de España Sub23 de pista cuberta, Eva Queimaño do Super Amara Bat.

Por último nas probas de marcha, tamén importantes opcións por parte das internacionais Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e a medallista de bronce no europeo Sub23 Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra cuxo irmán, e tamén internacional da Gimnástica, Daniel Chamosa, compretarán o gran plantel de galegos neste sector.