O BNG de Vigo pide izar a bandeira LGBT no Concello e un maior compromiso coa diversidade sexual

A fronte nacionalista demanda medidas reais e efectivas a poucos días da celebración do Día do Orgullo, como campañas contra a violencia LGBTfóbica, un servizo de atención á diversidade sexual e un maior apoio ao tecido asociativo da comunidade LGBT.

Xabier P. Igrexas: “Somos unha cidade orgullosamente diversa, polo que reclamamos que desde o simbólico até o práctico o Concello de Vigo se comprometa de verdade”.


O Bloque Nacionalista Galego reclama un maior compromiso do Concello de Vigo coa diversidade sexual e pide que se despregue como primeira medida para visibilizar esta causa a bandeira LGBT na casa consistorial, a poucos días da celebración do Día do Orgullo. A fronte nacionalista defende “dar pasos concretos, con medidas reais e efectivas” como a posta en marcha de campañas contra a violencia LGBTfóbica, dun servizo de atención e dun maior apoio ao tecido asociativo da comunidade LGBT.