Mientras el Gobierno no pone freno a la Banca, el Bloque aprovecha y defiende lo que los usuarios reclaman

Digan lo que digan, a la Banca, los Gobiernos no le ponen freno... y luego pasa lo que pasa. Estando las cosas como están, no faltan quienes políticamente aprovechan el asunto y...

"BNG require ao Estado a garantir os dereitos das persoas usuarias de banca"

Rego traslada en Moaña as "propostas da organización nacionalista para evitar o desmantelamento do servizo bancario na Galiza e, sobre todo, no rural co fechamento de oficinas"

Dolo Chapela reivindica "o dereito fundamental das persoas usuarias a ser atendidas" 

Reclaman pór freo ao proceso de concentración bancaria e lexislar para garantir ás persoas usuarias a liberdade de elección na prestación do servizo, así como estabelecer unha normativa que evite a escalada de abusos bancarios en materia de restrición de servizos, pacto de horarios e servizos de caixa.

Por unha banda, a concelleira do BNG en Moaña e asesora de consumo, explica o actual contexto do sistema bancario. “Hai un incremento de taxas, elimináronse sucursais bancarias, estabelecéronse horarios para o cobro de facturas ou conceder determinados servizos” enumera a concelleira que tamén denunciou o maltrato as persoas maiores co que supón a fenda dixital. Así mesmo, cabe destacar que “o cobro de comisións abusivas é insostíbel, máis despois do roubo das preferentes e o rescate do Goberno aos bancos na pasada crise económica”.

“Os servizos que están a prestar as entidades bancarias cada vez son menores e temos que padecer en maior medida situacións abusivas mentres os gobernos da Xunta e do Estado non fan absolutamente nada para remedialo” recrimina Chapela. 

“O BNG defende garantir plenamente os dereitos das persoas e usuarias da banca, por iso reclamamos ao Goberno do Estado en diversas ocasións que desenvolva os cambios oportunos na regulación do sector bancario para poñer freo ao proceso de concentración bancaria, ao incumprimento das normas de competencia e ao agravamento da exclusión financeira, evitando os peches de oficinas, especialmente os que se producen en sucursais do medio rural” destaca o deputado nacionalista durante o encontro.

Así mesmo, demanda estabelecer unha normativa que evite a escalada de abusos bancarios en materia de restrición de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións de persoal. “O executivo debe garantir ás persoas usuarias a liberdade de elección na prestación de servizos, co establecemento dun mínimo legal de atención presencial que evite a exclusión financeira dos colectivos máis vulnerables ou con máis dificultades de acceso as novas tecnoloxías” reivindica Rego.

“Debe recordarse que despois da crise financeira iniciada en 2008 non se adoptaron medidas que permitiran reforzar a intervención e o control público para evitar futuras burbullas, todo o contrario, procedeuse á privatización das Caixas, que na Galiza eran fundamentais, e supuxo tamén a perda dos fondos públicos empregados para o rescate bancario. A reestruturación iniciada naquel momento permitiu avanzar nun proceso de concentración que é o que agora está favorecendo a destrución e precarización do emprego, ademais do empeoramento das condicións de servizo, impoñendo comisións abusivas e fomentando unha política comercial abusiva de colocación de produtos” subliña o deputado nacionalista.