A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade interveu no Parlamento de Galicia

A XUNTA REFORZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS CON 4.000 PRAZAS PARA CUBRIR A DEMANDA DAS FINS DE SEMANA E 1.500 ADICIONAIS NOS DÍAS LABORAIS

― Ethel Vázquez Mourelle destaca o efecto chamada das bonificacións do 50% activas desde o 1 de setembro no autobús autonómico, cuxo custo está a asumir a Xunta integramente ante a falta de previsión do Goberno de España

― Sinala que só na 1ª quincena de setembro, o importe dos descontos aplicados ascende a case 1M€, rexistrándose un incremento no uso do autobús do 40% en relación ao pasado ano

― Lamenta a falta de alternativa ferroviaria por parte do Goberno central, ao que insta a investir en infraestruturas, modernizar a rede ferroviaria e habilitar trens AVRIL

― Contrapón estas carencias ferroviarias coa aposta da Xunta para que o autobús sexa a principal alternativa de mobilidade para os galegos, ao que destina 80 M€ cada ano

― Remarca que a Xunta fai un seguimento continuo do transporte escolar, que cada día traslada a 80.000 estudantes de 774 centros, con 1.600 rutas e 14.000 paradas

― Concreta que as 127 concesións de transporte público autonómico permiten chegar a máis lugares e ofrecer máis conexións, con máis de 3.400 liñas, 55.000 paradas e 1.800 autobuses circulando para ofrecer 2,35 millóns de servizos anuais

― Subliña que 130.000 mozos viaxan gratis no autobús interurbano grazas á tarxeta Xente Nova da Xunta, que posibilita aforros medios anuais de 1.000 € ás familias