$type=slider$snippet=hide$cate=0

Galicia quere ser sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA

COMPOSTELA) A Xunta confirmou hoxe ante os integrantes do Nodo Galego de Intelixencia Artificial (galicIA) a candidatura para que a nosa com...

COMPOSTELA) A Xunta confirmou hoxe ante os integrantes do Nodo Galego de Intelixencia Artificial (galicIA) a candidatura para que a nosa comunidade acolla a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Neste senso, o Executivo autonómico traballará para consensuar unha única candidatura que permita maximizar as posibilidades de contar con este organismo de nova creación.

Esta confirmación prodúcese tras a decisión do Consello de Ministros de onte martes de iniciar o procedemento para a designación da sede física da AESIA. Na reunión participaron o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e representantes das consellerías de Sanidade e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da AECT Galicia Norte de Portugal.

Entre os requisitos xa coñecidos, está a existencia dun potente ecosistema dixital. Neste senso, Galicia xa destaca na xeración de coñecemento en torno á Intelixencia Artificial a través de centros singulares de investigación; ademais de estar desenvolvendo a súa propia Estratexia Galega de Intelixencia Artificial.

En concreto, Galicia é a primeira Comunidade española en afrontar o desafío de analizar o impacto ético da aplicación das tecnoloxías de IA no seu territorio e este traballo permitirá adaptar a lexislación galega a esta nova realidade. Así mesmo, Galicia conta con dous ‘hubs’ de innovación que suman as capacidades de máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas. Ademais, o sector tecnolóxico suma 2.961 empresas con 20.740 empregados.

A aposta por Galicia como sede da AESIA conta xa co apoio de máis de 60 institucións e empresas, entre as que se atopan grandes tecnolóxicas como Amazon Web Services, Microsoft ou Google Cloud.

Tamén analizaron os prazos establecidos polo Consello de Ministros, que anunciou que a Comisión Consultiva para a determinación das sedes disporá dun mes para dar a coñecer os criterios que se terán en conta para seleccionar a sede da AESIA nun procedemento aberto e competitivo. A partir da publicación dos criterios no BOE, as Comunidades Autónomas e as entidades locais poderán presentar a súa candidatura. A elección deberá realizarse nun prazo máximo de seis meses.

A Xunta de Galicia está elaborando, xunto coas universidades e a Eurorrexión, un documento para a presentación da candidatura galega, que se completará cando se desvelen os criterios de selección por parte da Comisión consultiva.

O Executivo autonómico desenvolverá un traballo continuo de colaboración con todos os axentes implicados coa intención de sumar esforzos co obxectivo de que a candidatura elixida por Galicia sexa a mellor posible para que a comunidade poida ser designada como sede da AESIA.

Coñecidas as precandidaturas de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela, os membros do nodo galicIA comprometéronse a apoiar unha candidatura de unidade. A decisión final tomarase en base aos criterios establecidos polo goberno de España, valorándose especialmente o peso do ecosistema empresarial e investigador en materia tecnolóxica.

 

Nombre

ACTUALIDAD,122,AHORA,72,CONTRAPORTADA,39,CUADERNO A,34,CUADERNO B,103,CUADERNO C,17,CUADERNO D,12,Desde Galicia para el Mundo,14,Desporto,159,EL ÚLTIMO PARTE,27,FERROVIA,130,Grande Reportagem,114,OPINIÓN,100,PORTADA,132,RECUERDA,24,TOMA DEL FRASCO,10,Últimoparte,105,X.RODRIGUEZ,122,
ltr
item
RBTRIBUNA: Galicia quere ser sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA
Galicia quere ser sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiZvHKRq7AmCPumTnlNgPlVHRGPmttA_oh_fQLYxzQbRMGqMXfUcY7nFwI2IVfmbZlWvKkHZJIXpgEJXZ4TTq1udUnkzkPTxeTpZ4dfwraZNVeyD-kE5FWwp3OMdAM2-P0PZyMiYpjU7oife_zsRfCecSCLuua7d6B9xthdCxjR0Io4I7xq_rTTKZdN/w640-h312/Captura%20de%20pantalla%202022-09-15%20a%20las%2016.13.25.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiZvHKRq7AmCPumTnlNgPlVHRGPmttA_oh_fQLYxzQbRMGqMXfUcY7nFwI2IVfmbZlWvKkHZJIXpgEJXZ4TTq1udUnkzkPTxeTpZ4dfwraZNVeyD-kE5FWwp3OMdAM2-P0PZyMiYpjU7oife_zsRfCecSCLuua7d6B9xthdCxjR0Io4I7xq_rTTKZdN/s72-w640-c-h312/Captura%20de%20pantalla%202022-09-15%20a%20las%2016.13.25.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/09/galicia-quere-ser-sede-da-axencia.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/09/galicia-quere-ser-sede-da-axencia.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content