TUI ) - O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do LI Descenso Internacional do Miño que organiza o Club Kayak Tudense e que este sábado 17 de setembro contará coa participación de padexeiros de España, Portugal, Arxentina e Uruguai. Lete Lasa recordou as orixes do Descenso acudindo a 1964 cando o Club San Telmo organizou a súa primeira edición na que participaron medio centenar de embarcacións. Hoxe, dixo, “son preto dun milleiro de deportistas os que participan: 570 no descenso popular celebrado o pasado 13 de agosto e os máis de 400 que se agardan para este Descenso Internacional e federado”.

O mandatario galego recoñeceu o gran traballo do Club Kayak Tudense que desde o ano 1980 organiza o Descenso e que “tres décadas despois segue realizando esta importante e exitosa proba deportiva en augas do río Miño”.

O titular da Secretaría Xeral para o Deporte asegurou que, a pesar de que esta proba se trate dun descenso, o piragüismo galego non fai máis que medrar en participantes, como demostran as preto de 6.000 licenzas coas que conta a federación galega sendo líder nacional en practicantes e en número de clubs; en resultados, como se observa nas decenas de medallas internacionais que conseguiron os piragüistas sénior, júnior e sub23 mundo neste verán; pero tamén en colaboración autonómica. A Federación Galega de Piragüismo conta ano tras ano coa maior axuda da Secretaría Xeral para o Deporte ás federacións e o Club Kayak Tudense recibiu desde 2009 máis de medio millón de euros da Xunta.

Entre todas estas axudas, Lete Lasa destacou principalmente o recoñecemento do núcleo de adestramento deportivo especializado NADE que vén de recibir neste mesmo ano o Club Kayak Tudense para a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo.

El próximo sábado 17 de Septiembre se disputará una nueva edición del Descenso Internacional do Río Miño, declarado de Interés Turístico de Galicia.  
El Descenso Internacional do Río Miño es una competición de piragüismo para deportistas federados. La distancia a cubrir es de 14 kilómetros, con salida a las 18.30 horas, en Salvaterra de Miño y meta en el puente Internacional de Tui.