$type=slider$snippet=hide$cate=0

Cinema Miúdo, o festival internacional de cine infantil de Ames, presenta a súa nova imaxe

r b tribuna. O festival de cinema infantil de Ames, Cinema Miúdo, quenta motores para a súa quinta edición na que estrea equipo xestor e ima...

rbtribuna.

O festival de cinema infantil de Ames, Cinema Miúdo, quenta motores para a súa quinta edición na que estrea equipo xestor e imaxe gráfica. O cartel é obra de Alejandra Abalde, coñecida no mundo creativo como Srta. Doti, ilustradora e deseñadora de estilo colorido, cheo de personaxes simpáticos e estética chamativa.

A imaxe foi traballada ata acadar un deseño atractivo tanto para nenos como para adultos e que non caese excesivamente na obviedade. O resultado é un pedaciño de filme no que podemos adiviñar “diversas formas simplificadas que representan a desbordante imaxinación da cativada”, tal e como explica Alejandra.

Con este cartel, Srta. Doti senta as liñas básicas de deseño para esta nova etapa do festival en canto ao uso de cores e tipografías, que tamén veremos nas redes sociais do evento: Facebook e Instagram.

Este cambio de imaxe vai da man dun cambio na dirección do festival que desde este ano, e por catro edicións, asume a produtora galega Abella, un equipo que xa traballou na programación e a comunicación do certame en 2019 e que agora asume a xestión integral do evento, no que aplicarán a experiencia adquirida á fronte doutros festivais de cine, como o Galician Freaky Film Festival ou o Primavera do Cine.

A concelleira de Cultura, Natividade González, explica que “un ano máis o festival de cinema miúdo xa está na nosa carteleira. Trátase dun proxecto que naceu co obxectivo de incentivar o gusto polo cine entre os máis pequenos e cuns claros obxectivos pedagóxicos. Este ano xa imos a pola quinta edición do festival o que é un claro indicativo de que Cinema Miúdo xa é un proxecto consolidado entre a rapazada de Ames e da comarca. Dende a Concellaría de Cultura estamos moi orgullosos deste programa porque é dos poucos que hai en Galicia, e incluso a nivel nacional, dirixido ao público infantil. Todos os anos se proxectan curtas de diversos países do mundo o que pon a Ames no mapa a nivel nacional e internacional”.

Con esa ilusión, o equipo de programación leva meses visionando e seleccionando pezas únicas e sorprendentes. Moitos dos filmes serán estreas en Galicia, pois trátase de pezas internacionais moi difíciles de ver noutro lugar. “Non hai nada máis enriquecedor e conciliador que empatizar con personas de Bután, Suecia ou Perú” conclúe de Castro.

A sección oficial estará dividida en dúas categorías: Axóuxeres, para público de 2 a 7 anos, e Buxainas, para maiores de 7. En ambos casos, as curtametraxes optarán a un premio do xurado e outro do público.

Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que nace no concello de Ames en 2018. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo. Deste xeito propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. Algo de especial relevancia para o Concello de Ames, que ten a maior ratio de nenos e nenas de toda Galicia.

Nas anteriores edicións de Cinema Miúdo, o público gozou de sesións con filmes de Galicia, Francia, Corea, India, Afganistán, Marrocos ou Estados Unidos ademáis de sesións específicas para escolares, mesas redondas para educadores, obradoiros, e sesións musicais.

Para ver las imágenes a mayor tamaño y mejor calidad solo es necesario hacer click sobre cada una de ellas)


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,98,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,52,EL ÚLTIMO PARTE,168,EUGÉNIO EIROA,77,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,328,FOTO DEL DÍA,7,Grande Reportagem,218,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,293,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,405,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,296,
ltr
item
RBTRIBUNA: Cinema Miúdo, o festival internacional de cine infantil de Ames, presenta a súa nova imaxe
Cinema Miúdo, o festival internacional de cine infantil de Ames, presenta a súa nova imaxe
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkgsGTeDGL4Ey8QHdfNH4BidwXh2Ss2qOO0bI0K83dv8AF0OLvJDrLz-_3KhSH2CxOQxE5r-1iFyglRQf7FHBJOGQ4atsmucsCVxdQSeGdCOWzhskSvJHyHkV17qilHjP4dmARvJCuz3bFhjG8YwWRfvK7MWvBqij4qMXPIaU0tuPo2pVHXDtQWEU4/w640-h316/Captura%20de%20pantalla%202022-10-24%20a%20las%2011.50.06.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkgsGTeDGL4Ey8QHdfNH4BidwXh2Ss2qOO0bI0K83dv8AF0OLvJDrLz-_3KhSH2CxOQxE5r-1iFyglRQf7FHBJOGQ4atsmucsCVxdQSeGdCOWzhskSvJHyHkV17qilHjP4dmARvJCuz3bFhjG8YwWRfvK7MWvBqij4qMXPIaU0tuPo2pVHXDtQWEU4/s72-w640-c-h316/Captura%20de%20pantalla%202022-10-24%20a%20las%2011.50.06.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/10/cinema-miudo-o-festival-internacional.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/10/cinema-miudo-o-festival-internacional.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content