No olviden : hagan click sobre cada foto que deseen ver a mayor tamaño y con mejor calidad. 



NIN FOLLAR NIN BOTAR UN POLVO

Por Xerardo Rodríguez, director de "Galicia ünica"

Falando en galego. Resulta que botar un polvo non é correcto no noso idioma. E un modismo popular. Polo visto a RAG que preside Victor Freixanes ten a nove lingüistas que tratan de arranxar o diccionario de cotío, porque hai moito modismo españoleiro que intenta pasar como galego puro e normalizado e non o é. Nestes días, esta rapaza -para min o segue sendo-María Solar, admirabel na radio e tamén como escritora, preguntaba na sua rede social…

—- A ver… Academia Galega, ¿En galego non podemos decir “follar” nin “botar un polvo”? Foguete ou canivete non son palabras actuáis para o uso. ¡Deberase actualizar coa fala da xente?

Nese momento en Twitter abríuse un gran debate sobor de como debe dicirse o aqueloutro e saíron os consabidos: foder, pinar, un canivete, botar un foguete e algún mais que non me lembro. Eu estou con María: a RAG está o servizo do idioma, non o idioma o servicio da RAG. E si a xente quere dicir “imos botar un polvo” ou “imos follar”, pois hai que normalizar o que se fala na rúa. 
O galego é tan rico que para min a RAG son os meus colegas das aldeas, dos barrios das ciudades, da montana e do mar, que enriquecen o idioma co seu xeito de falar, cada un o seu, e todos son fermosos. Así que, sí esto que escribín ten faltas non penso correxilas porque ista é a lingoa do meu pobo, de Cudeiro, a que adeprendín de pequeno… ¿Vale?