$type=slider$snippet=hide$cate=0

Galicia rexistou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para esta época do ano

O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 0,2 graos A ...



O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 0,2 graos

A precipitación media acumulada foi un 43% inferior ao valor climático normal

Galicia rexistrou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para este período, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Este período caracterizouse pola presenza dunha zona de aire frío en capas medias e altas da atmosfera no Atlántico norte que impediu que o anticiclón se movese cara ao norte, deixando a Galicia en zonas intermedias, con máis predominio anticiclónico, pero con achegamentos frecuentes de frontes atlánticas febles e sen aproximacións de masas de aire norteafricanas.

Así, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0,2 graos, o que fai que xullo poida considerarse como normal no conxunto da Comunidade.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 24,4 graos, rexistrándose os valores máis altos nas ribeiras do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín, onde se chegaron a acadar os 31,6 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse nos puntos máis elevados da serra de Queixa e Serra do Eixe, nas que roldaron os 16 graos. No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 12,7 graos. Os valores máis baixos rexistráronse nas serras de Larouco, Queixa e do Eixe -6,7 graos- e os máis altos en varios puntos do litoral, con ata 17,6 graos.

No que se refire ás precipitacións, a anomalía media, obtida en base aos rexistros de 16 estacións meteorolóxicas significativas, foi un 43% inferior ao valor climático normal, polo que este mes se pode considerar seco.

Deste xeito, a precipitación media acumulada foi de 23 l/m2, rexistrándose os valores máis elevados en áreas do oeste da provincia da Coruña con ata 145 l/m2, seguidas de áreas do suroeste desta provincia e do noroeste de Pontevedra, con preto de 100 l/m2. Pola contra, en puntos das comarcas ourensás de Verín e Viana localmente houbo entre 0 e 1 l/m2.



 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,98,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,52,EL ÚLTIMO PARTE,168,EUGÉNIO EIROA,77,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,328,FOTO DEL DÍA,7,Grande Reportagem,218,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,293,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,405,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,296,
ltr
item
RBTRIBUNA: Galicia rexistou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para esta época do ano
Galicia rexistou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para esta época do ano
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi86zxQ-kGptJp6lrt75l_kwr5Kt7j0WQEVOW1qIS4cewqbt8ts_zu0uMAajInyD1AQINxLG7lSETsr98lyulDPfp3Hfr8L1edzcgEPo6nwskiWj2MA_CH2_q7p_rPhlgX01qKs-PJn86uL_0YS4AXjmX4rpKHxpH7gwlVucqYs4ntb6dL64_KQViMOJvk/s320/Captura%20de%20pantalla%202023-08-04%20a%20las%2013.09.05.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi86zxQ-kGptJp6lrt75l_kwr5Kt7j0WQEVOW1qIS4cewqbt8ts_zu0uMAajInyD1AQINxLG7lSETsr98lyulDPfp3Hfr8L1edzcgEPo6nwskiWj2MA_CH2_q7p_rPhlgX01qKs-PJn86uL_0YS4AXjmX4rpKHxpH7gwlVucqYs4ntb6dL64_KQViMOJvk/s72-c/Captura%20de%20pantalla%202023-08-04%20a%20las%2013.09.05.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/08/galicia-rexistou-un-mes-de-xullo-seco-e.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/08/galicia-rexistou-un-mes-de-xullo-seco-e.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content