Galicia é a cuarta comunidade na que mais cae o paro en febreiro


Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

GALICIA É A 4ª COMUNIDADE AUTÓNOMA NA QUE MÁIS CAE O PARO EN FEBREIRO NA EVOLUCIÓN ANUAL

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, fixo hoxe en Ourense unha valoración do paro rexistrado e dos datos de afiliacións á Seguridade Social
A cifra de paro -130.583- é a máis baixa nun febreiro de toda a serie histórica (1996)
O desemprego caeu na evolución anual (-9,38%) e na mensual (-0,40%), ao tempo que creceron as afiliacións nas dúas comparativas
Galicia ten 13.509 persoas menos en paro que hai un ano, que descendeu nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a industria
Galicia gaña 19.194 afiliacións no último ano e segue a superar o millón (1.055.018) cun nivel superior ao reflectido hai 15 anos
A conselleira na semana de conmemoración do 8-M, Día da Muller, sinalou o avance nas cifras do emprego feminino destacando que o paro feminino baixou o dobre en Galicia que no Estado, na comparativa mensual e anual




Artículo Anterior Artículo Siguiente