Gran acollida da nova edición do PLAN SOCIAL de ENCE Pontevedra
Gran acollida da nova edición do Plan Social de Ence Pontevedra - Más de 150 proxectos optan a ser beneficiarios desta iniciativa a unha semana de concluír a convocatoria - Plan Social de Ence en Pontevedra axudou a impulsar un total de 1.117 proxectos
Más de 150 proxectos presentaron a súa solicitude á nova convocatoria do Plan Social de Ence Pontevedra, lanzado o pasado 2 de setembro. Este dato de participación pon de manifesto o éxito desta iniciativa social focalizada nos municipios Pontevedra, Marín e Poio.O Plan, ao que Ence destina tres millóns de euros cada convocatoria, é unha das iniciativas sociais de maior envergadura levadas a cabo por unha empresa privada en España. Supón unha importante contribución en favor da integración social e a calidade de vida dos habitantes de Pontevedra e a súa comarca, mediante o desenvolvemento de accións de fomento da educación e o coidado do medio ambiente.
O Plan Social de Ence en Pontevedra axudou a impulsar un total de 1.117 proxectos que inclúen actuacións capaces de detectar de forma prematura incendios a través do uso de sensores de gases; iniciativas de mobilidade sostible, mediante as “rutas-eco” de E-kletta; proxectos como a Aceleradora Ría de Pontevedra para promover o emprendemento e a innovación cara a modelos de negocio sostibles; iniciativas de reforestación e fixación de carbono de Probosque ou actuacións focalizadas en colectivos con diversas capacidades.
O martes 1 de outubro finalizará o prazo de presentación de solicitudes. Desde Ence animamos ás entidades ou persoas da comarca a que presenten os seus proxectos a través do portal web Plan Social Ence Pontevedra - Compromiso coa sociedade, onde tamén se poden consultar as bases da convocatoria e obter máis información sobre edicións anteriores. Así mesmo, a través do correo, plansocialpontevedra@ence.es atenderan calquera consulta relacionada con esta iniciativa.