Poio-Campelo) Si más almejas hubiese, más almejas se habrían comido...
Se lo comieron todo. El éxito de la fiesta gastronómica de la almeja, celebrada en Poio en el fin de semana que queda atrás, fue casi inenarrable...
A afluencia de público esgota existencias na Festa da Ameixa de CampeloAs ameixas á mariñeira son as preferidas polos comensais, e aínda que o domingo ao mediodía foi o momento de maior afluencia, os asistentes tamén valoraron de xeito positivo adiantar a apertura de degustación ao venres.
Ata a Praza da Granxa achegáronse visitantes de toda Galicia, pero tamén de Asturias, Madrid, Cataluña, Illas Canarias, Portugal, País Vasco...
A Festa da Ameixa de Campelo esgotou existencias esta fin de semana. Foron moitas as persoas que se achegaron entre o venres e o domingo ata a Praza da Granxa para degustar o produto estrela da ría, que consumiron os 500 quilos de ameixas que se cociñaron á mariñeira, que é o prato estrela cada edición, con arroz e con fideos.
Desde o Concello de Poio, o alcalde Ángel Moldes, destaca o éxito desta XXXVI edición dunha das festas máis emblemáticas do concello e tamén a máis antiga, e que apostou por mesturar gastronomía cunha programación extensa e para todos os públicos, o que favoreceu que encher de vida Campelo durante toda a fin de semana. Neste senso, sinala que a intensa choiva non foi impedimento para a chegada de comensais durante os tres días. En total, despacháronse preto de 1.300 racións, sendo o domingo o día de máis afluencia de persoas rexistrando, incluso, importantes colas. Destas racións, 277 foron de ameixas con fideos, 777 de ameixas á mariñeira e 231 de arroz con ameixas.
Ata a Praza da Granxa achegáronse visitantes de toda Galicia, pero tamén de Asturias, Madrid, Cataluña, Illas Canarias, Castela León, Extremadura, Illas Canarias, País Vasco, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Navarra ou Castela A Mancha. “Poio é un destino único, que combina gastronomía, paisaxe, cultura, patrimonio...un destino que visitar os 365 días do ano, e propostas como a Festa da Ameixa de Campelo supoñen un atractivo máis para visitarnos fóra da tempada alta”.
Ademais de enxalzar a calidade da ameixa da Campelo, os asistentes tamén valoraron outro tipo de cuestións, como a ampla programación, que se estendeu durante toda a fin de semana e que incluíu propostas para todas as idades e todos os gustos, pero tamén que, por primeira vez, se adiantase a apertura dos postos de degustación ao venres.
En definitiva, segundo explica Moldes, o obxectivo “é organizar unha festa á altura da calidade da ameixa, que fomente a participación e que poña en valor o pobo de Campelo”. E, neste senso, volveu agradecer ás persoas que impulsaron a festa, que foron protagonistas da homenaxe institucional o sábado, “que puxesen en marcha unha festa que é coñecida e recoñecida, e que supón un gran pulo para o sector do mar e unha oportunidade para Poio”.
Por último, agradece a implicación das confrarías, das agrupacións de mariscadoras, das empresas locais do sector mar-industria, así como dos colectivos de Campelo que colaboraron coa organización da festa para que esta edición fose “o máis participativa posible”.