Ponte coa Lusofonía leva a Vigo tres estreas en España

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo- MARCO recibe a primeira sesión de filmes producidos en Galicia, Portugal, Brasil e Guinea-Bissau.
Este sabado 5 de octubro, e ao longo dos vindeiros sábados de outubro, Abella Producións vai poñer en marcha a cuarta edición do proxecto Ponte coa Lusofonía, unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Guinea-Bissau, que foron seleccionadas para os principais festivaies do mundo, como os certames de Cannes, Annecy, Indie Lisboa, entre otros.
Na mostra exhibiranse oito filmes, entre os cales hai tres estreas en España, cos filmes: A menina e o pote, de Valentina Homen , que foi exhibido na última edición do Festival de Cannes, Nome, de Sana Na N’hada e Prima ku Lebsi, de Welket Bungué, alén da estrea en Galicia dos filmes Percebes, de Laura Gonçalves e Alexandra Ramires (Xá) e Cesária Évora, de Ana Sofia Fonseca.
A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe O corpo aberto, de Ángeles Huerta, que foi o gran vencedor de los premios Mestre Mateo de 2023 e a curtametraxe Nena, de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias .
Este será o primeiro das catro datas programadas para Ponte coa Lusofonía IV, que continuarán os días 12, 19 e 26 de outubro. Todas as sesións son gratuítas e comezan ás 19:00 h no Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e do Museo Marco