$type=slider$snippet=hide$cate=0

21 empresas co selo Galicia Calidade fan promoción dos seus produtos no Forum de Barcelona

A XUNTA PROMOCIONA GALICIA COMO DESTINO ENOGASTRONÓMICO CON CALIDADE ALIMENTARIA DIFERENCIADA NO GASTRONOMIC FORUM BARCELONA Unha represent...

A XUNTA PROMOCIONA GALICIA COMO DESTINO ENOGASTRONÓMICO CON CALIDADE ALIMENTARIA DIFERENCIADA NO GASTRONOMIC FORUM BARCELONA

  • Unha representación do Goberno galego encabezada pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, apoia a oferta da comunidade galega neste evento
  • Ademais da presenza institucional, con catas, degustacións e demostracións culinarias, un total de 21 empresas co selo Galicia Calidade fan promoción dos seus produtos neste prestixioso certame internacional
  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou neste marco a aposta do Goberno galego pola enogastronomía recollida na Estratexia de Turismo 2030


A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; visitaron esta mañá o expositor de Galicia no Gastronomic Forum Barcelona.


Neste marco, a conselleira puxo en valor o amplo programa de actividades elaborado pola Xunta para promocionar os produtos de calidade diferenciada da nosa comunidade, incluíndo tamén os de Artesanía Alimentaria de Galicia. Así, haberá unha aula de cata e degustación na que se levarán a cabo 15 accións para dar a coñecer a despensa galega. O espazo galego acollerá demostracións de cociña con preparacións culinarias a base destes produtos, dirixidas por profesionais do mundo da restauración.


A maiores, no expositor institucional están representadas un total de 21 empresas coexpositoras, representando a práctica totalidade dos sectores agroalimentarios e do mar de Galicia. Así, hai conservas, mariscos, ovos, viños, porco celta, Ternera Gallega e diferentes sobremesas, como xeados, meles ou augardentes, entre outras producións. Todas estas empresas contan, ademais, co selo de Galicia Calidade.


Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia

Todo este despregue foi definido pola conselleira do Medio Rural como unha clara demostración do compromiso do Goberno galego a prol da promoción da calidade alimentaria diferenciada da nosa comunidade. Unha aposta que, engadiu Gómez, se materializa no Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, ao que o seu departamento vai destinar máis de oito millóns de euros o vindeiro ano. 


O obxectivo destas iniciativas é financiar as accións directas de promoción da Consellería e tamén facilitar achegas aos consellos reguladores para labores de divulgación e control da calidade dos seus produtos. Nesta mesma liña, a titular de Medio Rural salientou tamén que se vai habilitar unha liña de apoio para a celebración de feiras e eventos gastronómicos promovidos polos concellos galegos.


Por outra banda, a conselleira aproveitou tamén para trasladar a súa solidariedade e cariño aos afectados pola DINA e lembrou, neste sentido, que o seu departamento mobilizou un total de 60 efectivos para axudar nas tarefas de recuperación. Quixo, ademais, agradecer e poñer en valor a disposición e profesionalidade destes traballadores, que se desprazan a Valencia con diferentes vehículos e maquinaria pesada.


A enogastronomía, recurso turístico de primeira orde

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou a aposta do Goberno galego pola enogastronomía recollida na Estratexia de Turismo 2030, referíndose especialmente ao produto e gastronomía como recursos propios e atractivos de primeira orde.


Durante a súa participación no Forum Gastronómico de Barcelona, xunto coa directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o director de Turismo de Galicia enmarcou a promoción dos produtos alimentarios nos mercados nacionais e internacionais, entre os que se atopa a cita na cidade condal, onde as empresas certificadas co selo Galicia Calidade amosarán aos visitantes a calidade dos mesmos e toda a potencialidade da gastronomía galega.


Datos do certame

O Gastronomic Forum Barcelona celébrase dende hoxe e ata o vindeiro mércores no recinto de Montjuic da Fira, coa participación de máis de 350 empresas expositoras. Baixo o lema “repensemos a restauración”, o salón contará cun cento de relatorios, mesas redondas e demostracións culinarias, reunindo máis de 130 expertos do sector, entre eles chefs recoñecidos internacionalmente que acumulan un total de 42 estrelas Michelín.



 

Nombre

ACTUALIDAD,202,AL NORTE DE LA "RAIA",87,AL SUR DE LA "RAIA",46,ARAÚJO MACEIRA,8,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,93,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,148,EUGÉNIO EIROA,53,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,315,FOTO DEL DÍA,3,Grande Reportagem,204,HISTORIAS,28,LA VIDA,14,LAS COSAS DE LA VIDA,300,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,376,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,46,RECOMENDAMOS,13,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,2,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,266,
ltr
item
RBTRIBUNA: 21 empresas co selo Galicia Calidade fan promoción dos seus produtos no Forum de Barcelona
21 empresas co selo Galicia Calidade fan promoción dos seus produtos no Forum de Barcelona
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5xqyiud-JyiY72w12aZtcfRbWOP2dkc8jEubOUtJm_uM4FYQ3lEqbxUMSR3FuZWq8_ZAHeB4Cjq0bWLDmr85jv5YhxgrtAZ0G-bRMlxmfEva8hlB6Fb_vk3hVeSXTWbRUM25xfB9neuYVH6XHX1jii6qTw68bziqSQiiLv-G2MCNEc0_m7WduH67F1K0/w640-h444/Captura%20de%20pantalla%202024-11-04%20a%20las%2022.19.06.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5xqyiud-JyiY72w12aZtcfRbWOP2dkc8jEubOUtJm_uM4FYQ3lEqbxUMSR3FuZWq8_ZAHeB4Cjq0bWLDmr85jv5YhxgrtAZ0G-bRMlxmfEva8hlB6Fb_vk3hVeSXTWbRUM25xfB9neuYVH6XHX1jii6qTw68bziqSQiiLv-G2MCNEc0_m7WduH67F1K0/s72-w640-c-h444/Captura%20de%20pantalla%202024-11-04%20a%20las%2022.19.06.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2024/11/21-empresas-co-selo-galicia-calidade.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2024/11/21-empresas-co-selo-galicia-calidade.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content