$type=slider$snippet=hide$cate=0

Ames, Marín, A Coruña e Ourense no calendario de campionatos da RFEA e da World Athletics

Fai uns días a RFEA facía público a designación de Ames como sede oficial na que se levará a cabo o vindeiro 19 de outubro de 2025 o Campion...

Fai uns días a RFEA facía público a designación de Ames como sede oficial na que se levará a cabo o vindeiro 19 de outubro de 2025 o Campionato de España de 5K máster en ruta e que xuntará, neste concello de algo máis de 32.200 habitantes, a un importante número de atletas achegados de todos os recunchos do Estado.

Con esta sede, o Concello de Ames da un paso máis na súa capacidade organizativa que o levou nos últimos anos, a organización dunha intensa actividade atlética na que destacan varios campionatos de Galicia.
Xunto a Ames, son un total de tres concellos os que organizarán no 2025 algún tipo de competición deste tipo.
A pista cuberta de Expourense volverá novamente ao centro neurálxico do atletismo nacional ca disputa do sempre interesante Campionato de España Sub16 os días 15 e 16 de marzo. Con esta nova desiganción, a cidade das Burgas suma xa un total de nove campionatos destas carecterísticas desde a súa inauguración no 2017 entre as que destacan tres edicións absolutas nos anos 2020-22-24.
A maiores, a mesma pista dará acollida datas antes, o seu I Meeting Internacional o 18 de xaneiro, no que podería ser a antesala para a organización dalgún futuro campionato de rango internacional.
Pola súa banda Marín é outro dos concellos quen se suma á organización de campionatos para este 2025. En concreto a mellor marcha estatal estará tomando parte polas súas rúas o vindeiro 09 de marzo no que será o Campionato de España absoluto dos 35K que ademáis servirá tamén como Campionato Máster e de Campionato de Federacións Sub20-18-16, toda unha excelente oportunidade para ver in situ aos mellores marchadores e marchadoras de España e onde a nosa comunidade, é todo un referente.
E xa que falamos da marcha e de referentes, non podemos pasar por alto o vindeiro día 07 de xuño a celebración en A Coruña do XXXVIII Gran Premio Internacional Cantones de Marcha Atlética- Trofeo Sergio Vázquez no que novamente a proba declarada pola World Athletics Patrimonio Mundial do Atletismo, servirá para que polas rúas herculinas desfilen os mellores marchadores e marchadoras do mundo actual.
Desde a FGA valorase moi positivamente a celebración destes campionatos polos que se apostou desde un primeiro momento. Os mesmos foron defendidos diante da Comisión Delegada da RFEA que finalmente, decidirían a favor dos intereses galegos.



 

Nombre

ACTUALIDAD,202,AL NORTE DE LA "RAIA",87,AL SUR DE LA "RAIA",46,ARAÚJO MACEIRA,8,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,93,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,148,EUGÉNIO EIROA,53,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,315,FOTO DEL DÍA,3,Grande Reportagem,204,HISTORIAS,28,LA VIDA,14,LAS COSAS DE LA VIDA,300,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,376,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,46,RECOMENDAMOS,13,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,2,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,266,
ltr
item
RBTRIBUNA: Ames, Marín, A Coruña e Ourense no calendario de campionatos da RFEA e da World Athletics
Ames, Marín, A Coruña e Ourense no calendario de campionatos da RFEA e da World Athletics
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2024/11/ames-marin-coruna-e-ourense-no.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2024/11/ames-marin-coruna-e-ourense-no.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content