$type=slider$snippet=hide$cate=0

Los alumnos gallegos de Primaria superan la media española en Ciencias y Matemáticas

Acadan 525 puntos en Ciencias, 21 puntos por riba do promedio estatal, neste estudo realizado en 4º de Primaria no que só nove comunidades t...

  • Acadan 525 puntos en Ciencias, 21 puntos por riba do promedio estatal, neste estudo realizado en 4º de Primaria no que só nove comunidades teñen mostra ampliada
  • Logran 509 puntos en Matemáticas, 11 máis que o conxunto de España
  • Galicia está á cabeza en conciencia medioambiental, con 533 puntos, 23 máis ca media
  • Os datos confirman á Comunidade galega como a máis equitativa, cunha menor relación entre o rendemento do alumnado e a súa situación socioeconómica
  • Galicia participa por primeira vez neste estudo con resultados propios co obxectivo de seguir avaliando o sistema e contribuír á mellora académica dos estudantes

OS ALUMNOS GALEGOS DE PRIMARIA SUPERAN A MEDIA DE ESPAÑA EN CIENCIAS E MATEMÁTICAS SEGUNDO O INFORME TIMSS

Galicia volve situarse como un dos mellores sistemas educativos superando amplamente a media de España en rendemento académico nas áreas de Ciencias e Matemáticas, na xeración de igualdade de oportunidades ou en parámetros como a Conciencia medioambiental. Así o reflicten tal e como reflicten os datos do último estudo TIMSS da Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo, realizado en 2023 en Primaria, no que a nosa Comunidade participa por primeira vez cunha mostra ampliada xunto con outras oito autonomías. 

Segundo dito informe, que se fixo público hoxe, os alumnos galegos acadan un total de 525 puntos en rendemento en Ciencias, o que supón 21 puntos por riba da media de España (504 puntos) e sitúanse segundos no ránking das nove comunidades analizadas a tan só tres puntos de distancia de Asturias. Así mesmo, en rendemento matemático, os alumnos galegos logran un total de 509 puntos, 11 máis que o conxunto do Estado (498), o que os sitúa en quinto lugar no panorama estatal. 

Así mesmo, Galicia lidera os resultados de Conciencia medioambiental, onde os alumnos galegos obteñen 533 puntos, superando en 23 puntos os 510 do Estado, o que a coloca como a primeira de España.  


Galicia

España

Diferenza

Ciencias

525

504

+ 21

Matemáticas

509

498

+ 11

Conciencia medioambiental

533

510

+ 23


Líderes en equidade e resiliencia

O estudo TIMSS reforza á Comunidade galega como a máis equitativas do Estado, un parámetro que confirma os resultados obtidos noutros  informes como o PISA. Segundo esta avaliación internacional, Galicia é a comunidade onde o contexto socieconómico dun alumno inflúe menos nos seus resultados académicos. Isto é, que o éxito educativo non está asociado ao contexto económico, social e familiar. Este parámetro mídese a partir dunha serie de variables que determinan en que medida un sistema educativo é capaz de dar igualdade de oportunidades. No caso de Galicia, o éxito educativo está menos condicionado polo contexto económico, social e familiar que no resto das comunidades autónomas. 

Neste mesmo senso, os alumnos galegos tamén acadan as porcentaxes máis altas de alumnado resiliente entre todas as comunidades autónomas, entendendo a resiliencia académica como a capacidade dun alumno de, a pesares de afrontar contextos socioeconómicos desfavorables, acade un rendemento académico superior á media. 

Políticas públicas e plans e reforzo

Estes resultados avalan, por tanto, unha das liñas de traballo prioritarias do Goberno da Xunta de blindar un sistema educativo de calidade, equitativo, igualitario e inclusivo, onde un alumno teña as mesmas oportunidades independentemente de onde resida ou da contorna de onde proceda. En todo caso, o obxectivo da Xunta é continuar reforzando a aprendizaxe dos estudantes galegos para que, especialmente na área de Matemáticas, está ultimando un programa de apoio que presentará antes de que remate o ano. A participación neste tipo de informes proporciona datos para guiar as políticas públicas.

O estudio TIMSS é unha avaliación internacional de Matemáticas e Ciencias dirixida ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria, que se realiza de xeito periódico cada catro anos. Neste senso, cómpre destacar que Galicia supera tamén os datos xerais de España en 2019. Cómpre ter en conta que as 17 comunidades autónomas participan neste estudo, pero só nove teñen datos desagregados. 

As avaliacións, que son acordes aos currículos dos países participantes, están organizadas en tres eixos: as matemáticas e as ciencias que o alumnado debería aprender segundo as políticas e o currículo dos países, o que realmente se ensina nas aulas, as características dos que ensinan e como ensinan, e o que finalmente o alumnado aprendeu. 

En TIMSS 2023 participaron 59 países, entre eles España cunha mostra de 500 centros e máis de 10.000 estudantes. Galicia é unha das nove comunidade autónomas que participou nesta edición con ampliación de mostra, xunto con Andalucía, Canarias, Castela e León, Cataluña, Madrid, Navarra, Baleares e Asturias.  


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,157,EUGÉNIO EIROA,63,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,318,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,216,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,386,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,279,
ltr
item
RBTRIBUNA: Los alumnos gallegos de Primaria superan la media española en Ciencias y Matemáticas
Los alumnos gallegos de Primaria superan la media española en Ciencias y Matemáticas
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2024/12/los-alumnos-gallegos-de-primaria.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2024/12/los-alumnos-gallegos-de-primaria.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content