O PP solicitará no Congreso e no Senado que o Goberno de España leve a cabo a dragaxe do río Miño e actúe para reverter os graves problemas causados pola súa degradación
- A senadora Nidia Arévalo e a deputada no Congreso Irene Garrido reúnense co alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, para anunciar a presentación de iniciativas en ambas as cámaras esixindo ao Executivo actuacións urxentes para frear a degradación progresiva do río Miño
- O rexedor nevense pide ao Goberno central “que faga caso aos alcaldes e alcaldesas da zona” e se tomen medidas fronte á problemas como a sedimentación no leito do río, a proliferación de especies invasoras ou as alteracións no nivel das augas, a fin de garantir “un ecosistema e unha economía sostibles”
- O PP presentará nos próximos días senllas iniciativas no Congreso e no Senado para esixir ao Goberno de España a dragaxe inmediata do río Miño e outras medidas que axuden a reverter os graves problemas causados polo seu deterioro despois de varios anos sen actuacións desde a administración central.
- Anunciárono desde o concello ribeirán das Neves a senadora Nidia Arévalo e a deputada no Congreso Irene Garrido, despois de reunirse co alcalde, José Manuel Alfonso, un dos máis activos na denuncia do estado do río e na procura de solucións. Alfonso explicou que os rexedores dos concellos afectados, pertencentes ás comarcas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño “levan tempo falando e tratando de trasladar ao Goberno central a preocupación polo estado do río e a esixencia de tomen medidas para mitigalo”.
- Alfonso citou algúns dos principais problemas que afronta o río, como a sedimentación excesiva no estuario, que dificulta a navegación, cando non a imposibilita, por falta de calado, e tamén causa prexuízos aos ciclos naturais de especies como a lamprea, o salmón ou a troita. a navegación, de gran importancia ambiantal e turística. Ademais, o rexedor citou a proliferación de fauna e flora daniña, como as algas invasoras ou a perca, e apuntou así mesmo ás variacións do nivel da auga do río polos baleirados de presas e outras incidencias, cando o caudal pode subir ou baixar varios metros, o que provoca riscos para as persoas pero tamén un prexuizo importante para especies acuáticas como a lamprea.
- O alcalde nevense recalcou que esta problemática complexa está a ter unha gran afectación socioeconómica nos concellos da marxe do Miño, como “a lamprea, que nos últimos anos baixou a súa produción e o atractivo turístico que supón para moitos destes municipios, co que tamén se resentiu a economía”.
O rexedor popular agradeceu a súa presenza a Arévalo e Garrido, e deulles as grazas por trasladar directamente ás Cortes Xerais e ao Executivo central as demandas da zona: “Necesitamos que o Goberno de España faga caso aos alcaldes e alcaldesas da zonanos escoite, visualice este problema e lle poña remedio, se é preciso, en coordinación co Portugal: “Estamos nunha das fronteiras máis importantes e dinámicas da UE, líder en tránsito de turistas e traballadores. Va de si que o Executivo central debe actuar para garantir “un ecosistema e una economía estables”.
MOCIÓN NO SENADO E PNL NO CONGRESO PARA QUE O GOBERNO ESCOITE AOS CONCELLOS E REALICE A DRAGAXE
A senadora do PP, Nidia Arévalo, agradeceu a José Manuel Alfonso que promovese esta reunión e por ser “un alcalde tan comprometido coas problemáticas do seu concello e da comarca” e subliñou a importancia do río Miño para a economía e a sociedade as comarcas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño.
“Un exemplo claro é a lamprea, que é sinal de identidade pero tamén atractivo turístico e gastronómico, cunha actividade económica substancial ao seu redor”, e que se ve moi prexudicada polos tres problemas que identificou o alcalde: “a acumulación de sedimento no cauce, as especies invasoras e o descontrol do caudal”, indicou Arévalo.
Nos próximos días, os Grupos do Partido Popular no Senado e no Congreso presentarán unha Moción e unha Proposición Non de Lei (PNL), respectivamente, solicitando ao Goberno de España, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que faga fronte a este deterioro de forma urxente e coordinada con Portugal, mediante unha dragaxe e outras medidas, como a erradicación de especies invasoras ou a vixilancia do caudal ecolóxico, que permitan frear a degradación do cauce, comezar a súa recuperación e poñer en valor o río máis importante da provincia.
“O PSOE non pode seguir poñéndose de lado ante una ameaza como esta”, indicou Arévalo: “A ministra Aagesen terá que escoitar aos alcaldes e alcaldesas e atender as demandas dunha das zonas trasfronteirizas de Europa con máis tránsito para vivir, visitar e traballar na marxe do Miño”
Arévalo recordou que esta iniciativa xa foi aprobada no Pleno da Deputación de Pontevedra, a instancias do PP, e avanzou iniciativas similares en Concellos e onde haxa representación dos populares: “Onde hai un senador, un deputado, un alcalde ou un concelleiro do Partido Popular hai alguén que defende o territorio e aos veciños”.