Arranca, en su regreso, la Bienal de Pontevedra
Mércores, 30 de xullo de 2025
20:00 h: Ciclo Conversas con Artistas
Damián Ucieda en conversación con Agar Ledo no Edificio Castelao
Neste encontro, o artista Damián Ucieda fala con Agar Ledo sobre o seu proxecto Pobo afgano, trincheiras e campo de tiro. Salcedo (2022-2024) que documenta e reflexiona sobre un conflito territorial en Galicia vinculado á expansión militar en Salcedo.
Ucieda aborda as consecuencias ecolóxicas, sociais e éticas da militarización do territorio, e visibiliza a loita das comunidades por recuperar as súas terras.
Unha conversa sobre arte, memoria e activismo que nos convida a pensar nas formas de resistencia fronte á violencia estrutural e aos conflitos xeopolíticos contemporáneos.
Esta actividade ten capacidade para 25 persoas
Xoves, 31 de xullo de 2025
10:00 h: Inauguración da mostra Dalia, de Marta Pazos, dentro do ciclo de exposición Infiltracións, do Museo de Pontevedra. Edificio Castelao
Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, o cal ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.
Cada ano convídanse duas artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente novas miradas e discursos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.
Nesta ocasión, Infiltracións intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.
Marta Pazos é directora de escena de teatro e ópera, escenógrafa, dramaturga e artista visual. Nas súas montaxes, a cor aparece de maneira radical para impactar na retina do público e transformar a súa percepción. Así é tamén en Dalia, onde homenaxea a súa avoa a partir das flores do seu xardín, que conectan coas obras con motivos florais conservadas no Museo.
Venres, 1 de agosto de 2025
21:00 h: Programa de Artes Vivas na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur
Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld: Dragón, descansa en el lecho marino
Dragón, descansa en el lecho marino (Dragón, descansa no leito mariño) é unha composición coreográfica para seis nadadoras de natación sincronizada nunha piscina, a medio camiño entre a danza, o deporte e a ciencia ficción. A superficie da piscina funciona como pantalla na que se inscribe a ficción: unha criatura ficticia, transindividual, desmembrada e conectada a través do líquido, formada pola subxectividade múltiple das seis nadadoras. Normalmente, na competición de natación sincronizada o xurado penaliza a falta de sorriso, un guecho fóra de lugar ou apoiarse no fondo da piscina.