"A volta das bestas”: un proxecto busca recuperar os cabalos salvaxes para previr lumes no monte de Froxán
rbtribuna

“A volta das bestas”: un proxecto busca recuperar os cabalos salvaxes para previr lumes no monte de Froxán
Bota andar unha campaña de micromecenado que permite amadriñar a grea de bestas de Froxán por apenas 1 euro ao mes
Os cabalos en liberdade controlan a biomasa e reducen o risco de incendios, ademais de ser chave para conservar hábitats ameazados como as turbeiras
A Fundación Naiterra ven de dar un primeiro impulso ao proxecto “A volta das bestas”, que busca recuperar a presenza de cabalos salvaxes no monte de Froxán, en Lousame, recoñecido en 2017 pola ONU como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA).
As bestas son fundamentais para reducir o risco de incendios, controlar a biomasa, evitar a perda de solo e reter carbono. Tamén son imprescindibles para manter hábitats prioritarios como as turbeiras ou os queirogais húmidos atlánticos.
Co apoio de Naiterra introduciranse as primeiras éguas a mediados deste mes de agosto, que se suman ao garañón adquirido por Montescola para formar a primeira grea que liberarán no monte.
Ao mesmo tempo, botou a andar unha campaña de micromecenado (“crowdfunding”) coa que calquera persoa poderá “amadriñar” unha besta mediante unha achega de apenas 1 euro ao mes, a través da plataforma Teaming.
As achegas, cunha deducción do 80% no IRPF, servirán para aumentar a grea ata os 10 cabalos nos próximos meses así como a crear infraestrutura básica para o manexo e protección dos animais. Deste xeito, preténdese contribuir para a reversión da perda de cabalos salvaxes, que pasou de 20.000 animais nos anos 1970 a menos da metade, con apenas algúns centos de exemplares no Barbanza.
O papel dos grandes hervíboros na prevención de lumes
Na Serra do Barbanza, as paisaxes abertas de queirogal están a desaparecer e degradarse debido á expansión do eucalipto e acacia, e á matorralización derivada da reducción dos cabalos salvaxes e a desaparición doutros usos tradicionais. O resultado é unha paisaxe con menor biodiversidade e moi inflamable, que sofre incendios recurrentes, con cada vez menor resiliencia e capacidade de proveer de servicios ecosistémicos á poboación que rodea a Serra, como é a auga.
Desde os anos 1990 produciuse un declive xeneralizado das poboacións de cabalos salvaxes, especialmente logo da introdución a partir de 2008 da obrigatoriedade de rexistro e identificación de microchip (ao equiparse legalmente a cabalos domésticos) e os conflitos de uso. O colapso das greas tamén levou á desarticulación das poboacións de lobo e a un aumento da conflituosidade con esta especie.
“A volta das bestas” contribuirá a restaurar os hábitats de queirogal e turbeira e os procesos naturais mediante a recuperación do pastoreo natural con cabalos salvaxes. Isto fomentará unha paisaxe máis resiliente aos incendios complementando os esforzos que ven facendo a Comunidade de Froxán na última década, plantando máis de 20.000 árbores frondosas e consolidando un cortalumes verde de case 50 ha, que agora axudarán a manter os cabalos en liberdade..